OURENSE, 19 de setembro de 2023. O Campus Noroeste da UNED, formado por todos os centros asociados de Galicia, Asturias, Castela e León e tamén Extremadura, organiza un curso de extensión dedicado ao emprendemento e á acción social. Celebrarse do 2 ao 27 de outubro desde oito centros asociados, un deles o de Ourense. Desde aquí poderase seguir presencialmente e en liña a conferencia de Ana Álvarez López, fundadora da marca de cosmética natural Alloa, ubicada en Sarreaus, o martes, 3 de outubro, ás 19:00 horas, no salón de actos.
Ana Álvarez é graduada en Traducción e Interpretación pola Universidade de Córdoba e ten un mestrado universitario en Formación para o Profesor de ESO e Bachalerato. Foi estudante de intercambio Erasmus en Gante (Bélxica) e a experiencia máis recente que posee, despois de outras en Madrid e no Reino Unido, é a fundación da marca cosmética natural Alloa, proxecto do que vai falar na súa intervención neste curso de emprendemento do noso Campus Noroeste. Este proxecto naceu dentro da iniciativa EmprenDOU que puxo en marcha a Diputación Provincial de Ourense.
Na nosa sociedade do século XXI o crecemento persoal e profesional son tendenzas cada vez máis habituais, se ben para elo resulta imprescindible a incorporación de actitudes e aptitudes emprendedoras, entendendo estas últimas como as competencias de aquelas persoas que son quen de iniciar proxectos de maneira creativa e non necesariamente ligadas á creación de negocios, aínda que ninguén negará que esta faceta resulta claramente maioritaria no emprendemento. Por elo, o curso do Campus Noroeste da UNED ofrece unha visión mínima, pero representativa, de unha serie de casos que prantexan a transformación de ideas innovadoras en proxectos emprendedores, ou a creación de novos servizos ou produtos. Ao mesmo tempo proporciónase unha serie de coñecementos, ferramentas e habilidades características, á par que necesarias, para todos aqueles que se prantexan transformar unha idea innovadora nun proxecto emprendedor, ou crear un novo servizo ou produto.
Programa
Asistencia
Esta actividade permite ao estudante participar con asistencia presencial ou asistencia en liña en directo ou en diferido, sen necesidade de ir ao centro.
Matrícula gratuita
Non se necesita ningunha titulación para matricularse e participar.
Obxectivos
Presentar aos participantes do curso as iniciativas xurdidas en diferentes lugares do Campus Noroeste da UNED para lanzar produtos novos ou servizos novidosos a partir de ideas iniciais ou de concetos de pequenas empresas ou negocios, así como o percorrido seguido que os levou a convertelos en proxectos firmes e preparados para presentar aos potenciais clientes.
Trátase de organizar unha actividade de carácter divulgativo que poda servir de inspiración aos potenciais emprendedores ou para que o público en xeral coñeza as iniciativas presentadas, a maior parte delas moi orixinais.
O curso pode seguirse en calquera das tres modalidades que non son excluíntes entre sí, senón complementarias:
UNED Ourense
Comunicación