Consellos para afrontar os exames da convocatoria de setembro
10 de agosto de 2023
Setembro é mes de exames na UNED. O luns, 4 comezará a semana de probas presenciais, polo que é convinte estar preparado para este último período de avaliación do curso académico 2022-2023.
OURENSE, 10 de agosto de 2023. Como é habitual, o terceiro período de exames estructurase nunha semana de probas presenciais que aparecen sinaladas no calendario académico. As datas deste último período de exames son: do 4 ao 9 de setembro. Son exames presenciais que se realizan na sede de UNED Ourense.
Se tes calquer dúbida, sobre o calendario de exames dos estudos que estás cursando, consulta a seguinte páxina web para confirmar as datas de cada convocatoria (febreiro, xuño e setembro). Podes consultar o calendario académico na seguinte ligazón.
Algúns consellos sobre como examinarte en UNED Ourense:
Para a realización de exames presenciais, a UNED aplica os seguintes criterios xerais comúns para estudos de Grao e Mestrado:
Entrada á aula
- Acude ao centro de exame 30 minutos antes do inicio da sesión.
- Presenta ao tribunal a túa identificación (carné de estudante e DNI ou pasaporte). Se non tes o carné de estudiante, contacta co teu centro asociado a partir do 1 de setembro.
- A túa ubicación na aula está indicada na folla de cabeceira do teu exame así como a duración do mesmo.
Durante a sesión
- Lé atentamente as instruccións do exame.
- Completa todos os teus datos en todas as follas que empregues.
- Non escribas no reverso da folla de cabeceira do exame.
- Únicamente poderás ter sobre a mesa o material permitido indicado no exame.
- Está prohibido o uso e tenencia de calquer dispositivo electrónico (móbiles, tabletas, smartwatches), que deberán estar apagados e fora do alcance, así como o material non permitido sinalado no exame. O incumplimento desta norma derivará en sanción disciplinaria.
Entrega do exame
- Poderás entregar o teu exame 30 minutos despois do comezo da sesión, unha vez así o indique o tribunal.
- Revisa o exame na súa integridade. A folla de cabeceira debe ir en primeiro lugar. Anota na mesma o número de follas entregadas.
- Mostra ao tribunal a túa identificación.
- Fai a entrega en silencio, respectando aos compañeiros.
- A partires do día seguinte, terás dispoñible na Secretaría Virtual o certificado de asistencia, que tamén podes obter tras a entrega do exame, se previamente marcaches a casiña correspondente.
Máis información a partir do 1 de setembro:
Síguenos na web e nas redes
UNED Ourense
Comunicación