OURENSE, 13 de xullo de 2023. O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz e o director de UNED Zamora, Antonio Rodríguez González, mantiveron esta semana unha sesión de traballo na comarca de Sanabria para analizar varias propostas de colaboración entre ambos os dous centros universitarios. Desde fai tempo víñase falando da posibilidade de colaborar, unha tarefa pendente que foi axilizada este verán polos dous directores. A reunión resultou produtiva, dada a variedade de accións formativas conxuntas que se poden organizar para beneficio dos cidadáns das dúas provincias. E todo elo coa plataforma que supón a UNED, que pode ampliar e eco desas propostas a toda España e aos seus 23 centros no estranxeiro, grazas á presenza da nosa Universidade en todo o territorio nacional, o que a converte na mellor plataforma.
As provincias limítrofes de Ourense e Zamora son dous territorios de interior, con problemas de poboación e cunha enorme cantidade de recursos para dar a coñecer de múltiples formas. Tanto Rodríguez González como García Díaz móstranse moi ilusionados co froito que pode derivar do encuentro en Sanabria, pois comezarase a traballar no deseño dun curso de extensión universitaria que terá sesións presenciais e en liña en diferentes localidades zamoranas e ourensás. Accións que permitirán observar algúns temas comúns desde a perspectiva ourensá e zamorana.
"En UNED Ourense colaboramos máis aló do noso centro, co Campus Noroeste, que son 14 centros universitarios da UNED, no curso de extensión xa clásico que se celebra á volta das vacacións estivais. Pero temos interese en establecer alianzas con outros centros de territorios próximos ao noso, neste caso con UNED Zamora. É outra faceta da liña que se segue desde esta dirección, tamén felizmente compartida pola de Zamora, pois non é outra cousa que entender e practicar a sinerxia de pertenecer a unha Universidade tan grande e prestixiosa. Hai que seguir abrindo camiños, novas vías de traballo que nos reportarán propostas e experiencias de interese social", dixo Jesús Manuel García Díaz, recollendo tamén o sentir do seu homólogo en Zamora. A xornada de traballo incluiu tamén unha visita cultural a distintos recursos da comarca sanabresa, da que é natural o director zamorano.
UNED Ourense
Comunicación