Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A comunicación de UNED Ourense, exposta como boa práctica a todos os centros da UNED en España e no estranxeiro

27 de junio de 2023

O director, Jesús Manuel García mostrou as liñas mestras dun plan comunicativo que, xa consolidado, segue buscando novas metas en beneficio da actividad do Centro Asociado.

OURENSE, 27 de xuño de 2023. UNED Ourense participou activamente no obradoiro de Boas Prácticas de Centros Asociados da UNED, celebrado enliña na mañá do luns, 26 de xuño. Desde a cidade de As Burgas, o seu director, Jesús Manuel García Díaz, expuxo a toda a Universidade as liñas maestras da comunicación de UNED Ourense, que foi considerada unha acción de calidade tanto pola Cátedra de Calidade de UNED Tudela como polo Vicerreitorado de Calidade da UNED. "A comunicación é un factor importantísimo en UNED Ourense, para darnos a coñecer e facernos moi presentes no noso territorio", dixo o seu director e promotor do plan comunicativo que se vén desenvolvendo no centro universitario ourensán con gran éxito nos últimos anos. "É un activo irrenunciable que seguimos construíndo e afianzando no noso día a día e que se pode exportar a outros centros, como dixemos, sempre que se poña en mans dun profesional do xornalismo e da comunicación.

Jesús Manuel García, en plena explicación do plan comunicativo de UNED Ourense ao resto de centros asociados da UNED en toda España e no estranxeiro.

En UNED Ourense hai un completo plan de comunicación que atende á comunicación externa, interna e á comunicación de crise. Todo elo atópase ao mesmo tempo en sintonía coa comunicación central da UNED. A web de UNED Ourense é visitada por máis de 30.000 persoas que atopan nela a debida información, tanto administrativa do Centro Asociado como a información referente á actividade que se desenvolve tanto neste como noutros ámbitos da Universidade. "Concebimos a nosa web como unha revista universitaria, e nese nivel ten que servir ao lector. Para elo valémonos do emprego de todos os xéneros xornalísticos. Non se permite colgar un enlace como único e cómodo contido dunha información. Na nosa web redáctase todo, trabállase e prepárase tanto en castelán como en galego ao mesmo nivel", explica Jesús Manuel García. Son tantos os detalles e aspectos que conforman o aparato comunicativo que na UNED se fai desde Ourense, que sorprenderon a varios directores de outros centros de España. "UNED Ourense marca tendencia en comunicación i é valorada noutros sectores da nosa universidade.

Outros proxectos interesantes

Neste Obradoiro de Boas Prácticas houbo outros proxectos exportables aos centros asociados como o que presentou UNED Lugo, titulado #PlanetaODS, explicado pola súa directora, Ana Belén Traseira Pena. UNED Palencia presentou, da man da súa directora, Elena Nevares Miguel, o proxecto Tradicións, memoria e territorio: un achegamento á Montaña palentina. Desde UNED México, o seu director, Vicente Pérez, mostrou a iniciativa Aumento da visibilidade de UNED México. Desde UNED Jaén, o seu secretario, Manuel Valdivia, falou da boa práctica titulada Desenvolvemento da comunidade social media nun Centro Asociado da UNED. O director da Oficina de Tratamento da Información na UNED, Enrique Moreno González, interveu para falar do proxecto O Portal estatístico da UNED.

Estas xornadas foron presentadas por Luis J. Fernández Rodríguez, director de UNED Tudela e de qGestión; por Rebeca de Juan Díaz, vicerreitora de Calidade e Acreditación na UNED e María Isabel Martín de Llano, vicerreitora adxunta de Centros Asociados da UNED. Os tres agradeceron as experiencias presentadas nesta edición a toda a comunidade UNED, con membros conectados desde os 61 centros asociados en España e os 23 no estranxeiro. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es