OURENSE, 15 de xuño de 2023. Desde o 15 de xuño e ata o 23 de outubro queda aberto prazo de Admisión para estudar algún dos nosos Graos ou Graos Combinados. Na UNED non hai límite de prazas nin nota de corte, pero a Admisión serve para solicitar o traslado de expediente ou a simultaneidade destes estudos desde outra universidade española antes de proceder á matriculación.
Este proceso de Admisión, previo á matriculación, deben facelo aquelas persoas que desexan estudar un Grao na UNED e acaban de facer a EBAU (ou fixeron a antiga Selectividade), quenes superaran a Proba de Acceso á Universidade para Maiores de 25 ou 45 anos noutra universidade distinta á UNED ou aqueles estudantes que veñen de outra universidade española, ben sexa para continuar os seus estudos na UNED ou para simultanealos cun dos nosos Graos.
UNED Ourense
Comunicación