OURENSE, 2 de xuño de 2023. O prazo de preinscrición de Doutoramento xa está aberto desde o 1 de xuño. Se a túa vocación é a investigación, na UNED tes a oportunidade de seguir dedicándote ao mundo académico. Existen máis de 20 programas ofertados de materias moi diversas, nos que tanto os titores como directores de tese axudarán ao doutorando a culminar a súa carreira, coa posibilidade de realizar a tese en diferentes modalidades. O prazo de preinscrición é do 1 ao 30 de xuño de 2023, sendo necesaria a acreditación das titulacións oficiais esixidas en cada caso para poder optar á praza.
Os estudantes con titulacións estranxeiras que non pertenzan a algún país do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) poderán acceder sen necesidade de homologación, simplemente solicitando a Autorización do Reitor para cursar estudos de Doutoramento na UNED, que acredite o nivel de formación cuxo proceso de petición permaneceu aberto ata maio de 2023. Unha vez realizada a inscrición, a matrícula poderá formalizarse e abonarse do 16 de octubro ás 9:00 ata o 17 de novembro de 2023 ás 00:00, hora española. Para entrar no proceso de admisión, é necesario estar rexistrado como usuario UNED. Para saber máis, consulta a páxina da Escola Internacional de Doutoramento da UNED.
UNED Ourense
Comunicación
Ángela Blázquez