Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

¿Queres impartir algunha materia en UNED Senior Ourense?

2 de mayo de 2023

Ata o 25 de maio poderás presentar a túa proposta axustada aos requisitos que se ofrecen e o teu currículum.

OURENSE, 2 de maio de 2023.  UNED Ourense está preparando o curso da UNED Senior 2023-2024. Con este motivo, as persoas interesadas en impartir algunha materia no programa UNED Senior deben reunir os seguintes requisitos:

  • Enviar un breve curriculum e unha Guía docente da asignatura (anexo I).
  • O prazo para remitir as propostas de materias e as guías docentes finaliza o día 25 de maio de 2023. 
  • As propostas recibidas con data posterior, de haberse cuberto o número de materias a ofertar, quedarán en reserva para o seguinte curso académico.
  • As propostas serán remitidas á seguinte dirección de correo: secretaria@ourense.uned.es
  • O horario no que está previsto impartir docencia son os luns e xoves de 16:30 a 20:30.

O primeiro cuadrimestre comezará o 5 de octubro de 2023 e finalizará el 8 de febreiro de 2024, interrumpíndose as clases entre o 22 de decembro e o 8 de xaneiro.

O segundo cuadrimestre comezará o 19 de febreiro e rematará o 3 de xuño de 2024, interrumpíndose as clases durante a Semana Santa.

En total son 15 semanas por cuadrimestre, polo que cada materia poderá ser impartida en sesións de un máximo de dúas horas, con excepción das actividades presenciais que se desenvolvan fóra da aula. As clases das asignaturas ofertadas impartiranse no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es