OURENSE, 20 de marzo de 2023. UNED Ourense convídache a coñecer os segredos da Paleografía mediante o curso de iniciación á paleografía medieval que aborda a historia da escritura na Península Ibérica a través do coñecemento dos diversos modelos gráficos empregados desde o século XI ata o XVI. O curso está organizado pola UNED desde a súa Facultade de Xeografía e Historia en colaboración co Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Terá lugar do 24 ao 28 de abril nas instalacións do Arquivo.
Esta iniciativa consta de 15 horas lectivas e da dereito a obter 0,5 créditos ECTS. Poderá seguirse presencialmente na sala do Arquivo ou en liña, en directo ou en diferido. O curso está aberto a cantas persoas sintan curiosidade por coñecer a historia da escritura desde o século XI ao XVI a través de sesións divulgativas pero avaladas científicamente pola UNED. É unha oportunidade de coñecer con rigor os modelos gráficos da época proposta e ver a súa evolución. As sesións preséntanse atractivas porque os participantes terán oportunidade de ver diversos documentos propios deses séculos para observar como están escritos. É un achegamento singular a esta faceta da nosa cultura. E terá lugar nun dos arquivos provinciais máis importantes de España, o de Ourense.
As sesións desenvolveranse sempre en horario de tarde e o programa é o seguinte:
1. Luns, 24 de abril. Os relatores serán: Adrián Ares Legaspi, Profesor Contratado Doutor da UNED. Doutor en Historia pola Universidade de Sevilla, actualmente é profesor da área de Ciencias e Técnicas Historiográficas da UNED. Irene Pereira García, Persoal Investigador Doutor na UNED, é Doutora pola Universidade de León, Licenciada en Historia pola Universidade Complutense de Madrid, é investigadora posdoutoral do Departamento de Historia Medieval e Ciencias e Técnicas Historiográficas da UNED.
2. Martes, 25 de abril.
3. Mércores, 26 de abril.
4. Jueves, 27 de abril.
5. Venres, 28 de abril
Inscrición
A matrícula ordinaria é de 55 euros. A de estudantes tanto da UNED, como de outras universidades, ciclos FP, Escola Oficial de Idiomas, Conservatorio de Música, (teñen que aportar copia de matrícula do curso 2022-2023). pagarán 45 euros.
Este curso está dirixido por José Miguel López Villalba e coordenado por María Concepción Álvarez Gómez, Secretaria de UNED Ourense e profesora titora en Historia da Arte.
UNED Ourense
Comunicación