Obradoiro práctico de auditores internos de sistema de xestión baseado en ISO 9001:2015
28 de febrero de 2023
UNED Ourense ofrece este curso a todas as persoas interesadas en comprender un sistema de xestión de calidade. Celebrarase en liña do 10 ao 24 de marzo.
OURENSE, 28 de febreiro de 2023. UNED Ourense pon en marcha un obradoiro práctico de auditores internos de sistema de xestión baseado en ISO 9001:2015. Celebrarase os días 10, 11, 17, 18 e 24 de marzo. A súa finalidade é comprender a esencia dun sistema de xestión de calidade, cales son os seus principios e as bases nas que se sostén, para establecer métodos de xestión eficaces que contribúan a un áxil dinámico e sinxelo mantemento baseado na norma ISO 9001:2015. A docente é María Eugenia Fernandes Montilla, consultora organizacional e auditora Internacional de normas ISO, Esquema Aeroespacial, etc. Mestrado en Xestión do Coñecemento e Especialidade en Psicoloxía aplicable ás organizacións.
PROGRAMA
Venres, 10 de marzo 16:30-20:30 h.
- SISTEMAS DE XESTIÓN DE CALIDADE: Principios e esencia. Enfoque ISO 9001:2015. Análise de Contexto.
Sábado, 11 de marzo 09:30-13:30 h. - AUDITORÍAS SISTEMAS DE XESTIÓN DE CALIDADE: Grupos de interese. Real enfoque a procesos. Planificación: Riscos e oportunidades. Coñecemento Organizacional.
Venres, 17 de marzo 16:30-20:30 h. - DESENVOLVEMENTO DAS AUDITORÍAS: Bases para a realización de auditorías. Estándares de auditoria: ISO 9001, ISO 19011, etc. Documentación dos sistemas de xestión de calidade. Ciclo de auditoría: tipos e fases. Planificación de auditoría: programación e planificación. Realización da auditoría: Visita de auditoría. Revisión documental.
Sábado, 18 de marzo 09:30-13:30 h. - DESENVOLVEMENTO DAS AUDITORÍAS: Identificación de achados. Seguimento de evidencias. Avaliación de resultados. Documentación da auditoría: Informe e reportes de auditoría. Redacción de achados. Peche do proceso de auditoría.
Venres, 24 de marzo 16:30-20:30 h. - AUDITORÍAS - CASOS PRÁCTICOS: Auditorías en organizacións con procesos de deseño. Auditando a revisión, verificación e validación. Auditorías en organizacións con procesos de fabricación/produción: Procesos especiais. Auditorías en organizacións con procesos de servizos.
Este curso é exclusivamente en liña en directo e en diferido. Antes do seu inicio, a docente enviará aos correos electrónicos dos participantes as instrucións de conexión á plataforma virtual creada por ela. A matrícula ordinaria é de 40 euros. Está dirixido por José Antonio Fraiz Brea, profesor titular da FCETOU-Universidade de Vigo e profesor titor de UNED Ourense.
Este curso foi deseñado de maneira que toda persoa interesada pode participar independentemente da súa formación ou ámbito profesional. Isto inclúe tamén a estudantes de diversas ramas universitarias, tales como, Ciencias da Educación, Dereito, Enxeñería, entre outras, que teñan interese en fortalecer o seu futuro profesional con outras ferramentas complementarias (aparte das académicas que xa reciben).
Obxectivos
- Comprender a esencia dun sistema de xestión de calidade, cales son os seus principios e as bases nas que se sostén, a fin de establecer métodos de xestión eficaces que contribúan a un áxil, dinámico e sinxelo mantemento baseado na norma ISO 9001:2015.
- Desenvolver as competencias necesarias para planificar, organizar e realizar auditorías internas que permitan comprobar a eficacia dun sistema de xestión de calidade baseado na norma ISO 9001:2015.
- Identificar os coñecementos, funcións, habilidades e responsabilidades dos auditores a fin de garantir procesos imparciais, orientados á mellora e baseado na Ética e Excelencia.
- Identificar as ferramentas de mellora continua que permita tomar mellores decisións, definir e implantar accións encamiñadas ao desenvolvemento da excelencia, tanto nas persoas como na organización, baseada na ética e a responsabilidade Sistema de avaliación Traballos prácticos en clases + participación en polo menos un 80% da formación.
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Esta actividade impacta nos seguintes ODS: números 4 e 12.
UNED Ourense
Comunicación