OURENSE, 2 de febreiro de 2023. A UNED abre o segundo prazo de matrícula para Graos, Mestrados e Microtítulos. Poderá facerse desde o 2 de febreiro ao 10 de marzo de 2023. Tamén poderás ampliar o número de materias.
✔️ Matricúlate no segundo cuadrimestre dun Grao ou Grao Combinado si:
- Eres novo na UNED.
- Comenzache este ano na UNED e matriculáchete de alomenos 36 créditos.
- Non é o teu primeiro ano na UNED e te matriculache dun mínimo de 30 créditos.
✔️ Podes matricularche nun Mestrado se es:
- Estudante admitido en preinscripción do curso 2022/2023 sen matricular e contas coa autorización da Comisión Coordinadora do mestrado.
- Estudante matriculado nun mínimo de 20 créditos do primeiro periodo de matrícula 2022/2023.
- Estudante matriculado, independentemente dos créditos, que como máximo lle faltan dúas materias para concluir o plan de estudos máis o TFM e fuches autorizado pola Comisión Coordinadora do mestrado.
✔️ Comeza agora un Microtítulo:
Este ensino propio da UNED, no que somos pioneiros, facilita a adquisición de novas competencias para poder respostar aos rápidos cambios sociais e tecnolóxicos do noso tempo.
Matricularse na UNED supón convertirche no protagonista da túa propia aprendizaxe, así como entrar á universidade pública máis grande de España, tanto en número de estudantes como en oferta académica e estudar no maior campus de Europa.
Máis de 200.000 estudantes confían cada ano na UNED e gozan dun sistema de aprendizaxe innovador que combina a docencia en liña e o acompañamento presencial soportado por unha plataforma tecnolóxica multidispositivo en constante evolución, grazas á integración da Intelixencia Artificial. Con ela, a UNED ofrece un modelo flexible e axeitado ás necesidades individuais de cada un dos seus estudantes, mentras potencia a aprendizaxe activa e aporta calidade ao ensino.
Coñece máis sobre a nosa oferta académica.
Inicia o proceso de matriculación aquí.
UNED Ourense
Comunicación