Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense aposta por integrar ás persoas xordas e xordocegas

11 de enero de 2023

Volve a Xinzo o curso de Lingua de Signos Española co seu segundo nivel. Celebrarase na sede do Concello do 7 ao 30 de marzo. O interese que desperta tradúcese na matriculación de 12 persoas nas primeiras horas do día 10 de xaneiro. Quedan oito prazas libres. 

OURENSE, 11 de xaneiro de 2023. Volve a Xinzo, da man da UNED, o xa popular curso de Introdución á Lingua de Signos Española. Onte mesmo abriuse a matrícula e xa se inscribiron 12 persoas. O límite de prazas está en 20. O curso vaise celebrar do 7 ao 30 de marzo de 2023 en horario de 17:30 a 20:00 horas. O lugar será o salón de sesións do Concello de Xinzo de Limia. A Lingua de Signos Española (LSE) é a lingua natural das persoas xordas e sordociegas. É un código viso-gestual con contidos gramaticais e lingüísticos propios, recoñecido como lingua na Lei 27/2007 aprobada o 23 de outubro de 2007.

Laura Vila é a docente deste curso, que cada ano desperta un maior interese.

A nosa sociedade cada vez está máis sensibilizada con este colectivo e coas barreiras de comunicación existentes entre as persoas xordas e oíntes, crecendo así, o interese en aprender Lingua de Signos, xa sexa por motivos laborais, familiares, educativos ou por simple curiosidade. Por iso esta iniciativa partiu da Dirección de UNED Ourense, consciente da necesidade urxente de botar barreiras abaixo con este instrumento comunicativo. O obxectivo deste curso é que o alumnado teña un primeiro contacto coa LSE, que adquira contido e ferramentas básicas necesarias para poder compensar as diferenzas lingüísticas entre a lingua oral e a lingua de signos e que poida manter con certa fluidez, conversacións básicas sobre cuestións da vida cotiá. Trátase de 30 horas lectivas que dan dereito á obtención de 1,5 créditos ECTS. Esta actividade soamente desenvólvese presencialmente. A relatora será, un ano máis, Laura Vila Fernández, intérprete de lingua de signos.

PROGRAMA

martes, 7 de marzo

Tema 1: Repaso. Contidos:

  • Saúdos e despedidas.
  • Presentación.

  • Números e idade.

  • Descrición física.
  • Familia.
  • Casa.

  • Mobiliario.

  • Meses do ano.

  • Días da semana.

  • Hora.

  • Datos persoais.

mércores, 8 de marzo

Tema 1: Repaso. Aspectos gramaticais traballados:

  • Como se signa? Uso do espazo e aspectos gramaticais básicos.
  • Dactilolóxico e números.

  • Orden dentro do sintagma.

  • Partículas interrogativas.

Actividades:

  1. Signamos sobre nós e sobre outras persoas.
  2. Explicamos rutinas.

  3. Preparamos textos de presentación.

xoves, 9 de marzo

Tema 2: Describimos a nosa cidade. Contidos:

  • Lugares da cidade.
  • Servizos públicos.

Accións I.

  1. Medios de transporte.
martes, 14 de marzo

Tema 2: Describimos a nosa cidade. Aspectos gramaticais traballados:

  • Espazos en lingua de signos.
  • Verbos haber e ter.

  • Adxectivos.

  • Posesivos.

Actividades:

  1. Fálame da túa actividade.
  2. Explica os servizos que ofrece o teu pobo ou barrio.

  3. Comenta unha festa popular que che guste.

mércores, 15 de marzo

17:30-20:00 h. Tema 3: Ocupación. Contidos:

  • Traballo. Ocupación.
  • Educación formal.

  • Educación informal.

Accións II.

  1. Deportes.
xoves, 16 de marzo

Tema 3: Ocupación. Aspectos gramaticais traballados:

  • Clasificadores.
  • Singular e plural.

  • Oracións enunciativas.

  • Estruturar oracións ordenando cronolóxicamente as accións.

Actividades:

  1. Describe o teu traballo actual.
  2. Que traballo che gustaría realizar? Cal non?

  3. Que estudos tes?

  4. Que estudos che gustaría realizar?

martes, 21 de marzo

Tema 4: Vida cotiá. Contidos:

  • Compras.
  • Saúde.

  • Roupa.

  • Cores.

  • Adxectivos I.

  • Mascotas.

mércores, 22 de marzo

Tema 4: Vida cotiá. Aspectos gramaticais traballados:

  • Uso do espazo.
  • Clasificadores.

  • Verbos auxiliares.

  • Oracións interrogativas.

  • Oracións exclamativas.

Actividades:

  1. Describimos a roupa.
  2. Compramos en diferentes establecementos.

  3. Ordes e peticións.

  4. Imos ao médico.

xoves, 23 de marzo

Tema 5: Gustos persoais. Contidos:

  • Comidas e bebidas.
  • Adxectivos.

Accións III.

  1. Adxectivos II.
  2. Animais de granxa.

martes, 28 de marzo

Tema 5: Gustos persoais. Aspectos gramaticais traballados:

  • Expresión facial.
  • Uso dos clasificadores.

  • Adxectivos.

  • Adverbios.

  • Verbos.

Actividades:

  1. Preparamos receitas.
  2. Mercamos vexetais.

  3. Pedimos o noso menú nun restaurante.

mércores, 29 de marzo

Tema 6: Lecer e tempo libre. Contidos:

  • Destinos naturais de vacacións.
  • Cidades e comunidades autónomas I.

  • Países turísticos.

  • O zoo.

xoves, 30 de marzo

Tema 6: Lecer e tempo libre. Aspectos gramaticais traballados:

  • Tipos de clasificadores.
  • Pasado, presente e futuro.

  • Adverbios de modo.

  • Adverbios de lugar.

  • Adxectivos.

  • Verbos.

Actividades:

  1. Planifica unha viaxe.
  2. Opinamos sobre distintos destinos turísticos.

  3. Expresamos as nosas actividades de lecer e tempo libre.

  4. Coñecemos España.

Para participar no curso hai que ter coñecementos básicos de lingua de signos.

A matrícula faise en liña e o seu prezo é de 35 euros. 

Este curso está dirixido por Genoveva del Carmen Levi Orta, profesora do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Didácticas Especiais da UNED. O coordinador é Jesús Alberto Carballo Bouzas, licenciado en Psicoloxía e Profesor Titor de Psicoloxía en UNED Ourense.

Vai dirixido a persoas que teñan un coñecemento básico en lingua de signos e aqueles que superaran o curso de iniciación de UNED Ourense.

Obxectivos

Obxectivos xerais:

- Coñecer a comunidade xorda e xordocega.

- Adquirir competencias básicas en Lingua de Signos Española.

- Satisfacer necesidades inmediatas da vida cotiá.

Obxetivos específicos:

- Coñecer e comprender o mundo das persoas xordas.

- Utilizar estruturas básicas de uso frecuente.

- Comprender vocabulario e frases sinxelas.

- Saber expresar enunciados simples e compostos, previamente preparados.

- Participar en intercambios comunicativos breves de forma fluída.

O sistema de avaliación

Avaliarase :

  • A realización de actividades expostas nas sesións. 
  • A participación activa na clase.

  • As exposicións, individuais e/ou grupais, dos temas desenvolvidos.

Ao final de cada tema realizarase unha avaliación diagnóstica mediante probas prácticas que serán de forma individual, nas que demostrarán os coñecementos adquiridos do mesmo. Na devandita avaliación, malia as valoraciones realizadas pola profesora, teranse en consideración as aportacións e/ou correccións realizadas polo resto do estudantado. 

A participación nas actividades en clase é obrigatoria.

Colabora

Concello Xinzo de Limia

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: 4, 5 e 10.

 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es