Os estudantes de UNED Ourense en primeiro e cuarto de grao son os que máis recorren ao COIE
15 de diciembre de 2022
O Centro de Orientación y Empleo, (COIE) da UNED, rexistrou en Ourense 67 consultas durante o último curso académico, sendo as máis numerosas as de estudantes que acoden de modo presencial. Apréciase un aumento de persoas que piden orientación sobre o grao de Psicoloxía. Este servizo, que en Ourense atende o profesor titor Jesús Carballo, depende do Vicerreitorado de Estudantes e Emprendemento, encargado de atender á comunidade universitaria a través do COIE central e a Rede de COIEs, como o de UNED Ourense, que desenvolve diversas accións de orientación, formación, inserción e mellora da empregabilidade.
OURENSE, 15 de decembro de 2022. Durante o curso pasado xestionáronse en UNED Ourense prácticas curriculares de 21estudantes en centros colaboradores nos graos de: Psicoloxía, Pedagoxía, Educación Social, Traballo Social e Criminoloxía. Outros oito estudantes foron titorizados no COIE ourensán nos seus practicums de cursos que non requiren presenza en centros. O Centro de Orientación e Emprego, (COIE) céntrase na Orientación Universitaria, o que conleva:
- Elixir estudos, planificar matrícula e facilitar o logro académico nos seus estudos.
- Facilitar a inserción laboral e desenvolvemento profesional.
- Mellorar o nivel de empregabilidade.
- Asesorar ao emprendedor para converter a súa idea de negocio nunha empresa.
Se nos atemos á modalidade de consulta, desas 67, foron persoais 32, seguidas das 26 telefónicas, máis 5 a través do formulario interno e 4 por correo electrónico. Por curso e situación rexistráronse 77 consultas que son as seguintes:
- Primeiro curso de carreira: 18
- Futuros estudantes: 16
- Cuarto curso de carreira: 11
- Posgraos/formación continua: 7
- Titulados universitarios: 7
- Segundo curso de carreira: 6
- Curso maiores 25, 40 e 45 anos: 6
- Doutoramento: 2
Apréciase que quen máis consultan no COIE son os alumnos que están en primeiro de carreira así como aqueles que queren estudar na UNED. Tamén se nota un aumento de consultas nos estudantes ele último ano de carreira.
Por tipoloxía de estudo, rexistráronse 82 consultas no COIE de UNED Ourense sendo as máis abundantes (9) as de estudantes de Educación Social, seguidas das 7 de Psicoloxía e Traballo Social. Trinta consultas levaron a cabo por estudantes de cinco graos, a razón de 6 cada un: Física, Matemáticas, Química, ADE e Dereito. Outras 12 consultas xurdiron de alumnos de dous graos e mestrado, a razón de catro por cada un: Filosofía, Pedagoxía e Mestrado.
O que os estudantes consultan
- En primeiro lugar, temas relacionados coa orientación académica (82). Neste apartado preguntaron máis pola súa adaptación e integración académica, pois houbo 22 consultas. Outros 20 estudantes pediron axuda para elixir e planificar os seus estudos. Houbo 16 estudantes que se interesaron por asesoramento sobre opcións formativas, é dicir, cursos, posgraos, etc. Outros 11 interesados preguntaron por competencias e técnicas de estudo. Houbo oito consultas sobre bolsas.
- Outra liña de consulta é a de orientación profesional e para o emprego, con 36 interesados. Deles, 18 preguntaron por saídas e perfís profesionais mentres outros 11 reclamaron orientación para a toma de decisións. Oito alumnos acudiron ao COIE de UNED Ourense para interesarse pola avaliación do potencial profesional e outros sete asesoráronse achega do proxecto profesional.
- En terceiro lugar, sitúase o capítulo da inserción e desenvolvemento profesional. Aquí pediron asesoramento 21 persoas das cales 11 quixeron informarse sobre o mercado laboral, é dicir, tendenzas, empresas, directorios... Houbo 7 estudantes que preguntaron por técnicas de procura de emprego, desde como facer o mellor cv ata as cartas, entrevistas, procuras 2.0, etc. Dous alumnos pediron reorientación da carreira profesional e un solicitou asesoramento en transicións profesionais.
- O cuarto capítulo de consultas é o das prácticas curriculares e emprego. Aquí déronse 9 peticións de asesoramento e delas houbo 6 de consultas sobre ofertas de emprego, dúas consultas de ofertas de prácticas e unha de prácticas, estudos ou emprego no estranxeiro. Por último, tamén se produciron dúas consultas no capítulo de asesoramento e orientación para o emprendemento, así, un alumno preguntou por formación en emprendemento e outro consultou sobre recursos para emprendedores. Indicadores de prácticas e emprego.
- En canto a indicadores de prácticas e emprego, no COIE favoreceuse que en prospección de empresas houbese 44, das que 32 consistiron en visitas e contactos con empresas e outras 12 de novos convenios entre UNED Ourense e varias institucións. Igualmente ofrecéronse 7 ofertas de emprego relacionadas cos graos de Psicoloxía, Educación Social e Traballo Social. E houbo unha preselección sobre as ofertas recibidas.
UNED Ourense
Comunicación