A UNED inicia un mestrado de Bioseguridade de un ano de duración
13 de diciembre de 2022
Comeza este xoves e alongarase ata decembro do 2023. Inclúe fundamentos e principios xerais da bioseguridade e bioprotección, instalacións xerais de biocontención e instalacións específicas.
OURENSE, 13 de decembro de 2022. A UNED inicia esta semana un mestrado de Biodiversidade que se vai alongar ata o 15 de decembro de 2023. Mediante este Programa se prantexa desenvolver unha formación actualizada, sistemática, activa e útil para a práctica profesional e investigadora en diferentes contextos da bioseguridade. Este mestrado ten como finalidade unha formación en bioseguridade específica que persegue acadar as competencias do profesional da bioseguridade segundo as normas UNE-CWA 16335: 2014.
A metodoloxía é a propia do ensino a distancia no que non se require asistencia presencial. O mestrado basease en videoclases impartidas por especialistas en Bioseguridade, así como material e documentación aportada polos docentes para guiar aos estudantes no seu estudo e formación. O curso virtual impartirase a través dunha plataforma propia da UNED, chamada aLF. O carácter do curso é teórico-práctico e ao longo do mesmo proporanse diferentes actividades non presenciais que teñen un carácter formativo e, ao mesmo tempo, serán a ferramenta de avaliación.
O curso divídese en catro partes:
- Parte I. Fundamentos e principios xerais (10 ECTS)
- Parte II. Principios da Bioseguridade e Bioprotección (20 ECTS)
- Parte III. Instalacións xerais de Biocontención (10 ECTS)
- Parte IV. Instalacións específicas (10 ECTS)
E o Traballo Fin de Mestrado (10 ECTS).
Cada unha das partes do temario consta de diferentes temas cuxa base de formación e aprendizaxe será a través de videoclases. Estas serán impartidas por profesionais expertos de cada tema do programa. O curso conta con máis de 25 profesionais en Bioseguridade. Nas partes II, III e IV faranse diferentes prácticas virtuais.
O estudante deberá superar e aprobar un exame tipo test de cada unha das partes do temario, así como das prácticas. Tamén deberá realizar un Traballo Fin de Mestrado (TFM) cuxos títulos serán propostos polos docentes do curso. No caso de ser unha temática proposta polo estudante, deberá ter a aprobación da dirección do curso.
Obxectivos:
- Coñecer os principais grupos taxonómicos de axentes biolóxicos
- Coñecer os factores significativos que contribúen á súa capacidade para causar enfermedade
- Coñecer as toxinas biolóxicas
- Entender a tecnoloxía da modificación xenética e describir os posibles riscos para os traballadores e para o medio ambiente;
- Comprender os riscos asociados ao uso de material biolóxico e ser consciente de outros perigos no lugar de traballo
- Coñecer as posibles infeccións profesionais que levaron ao desenvolvemento das actuais prácticas de bioseguridade
- Comprender a importancia da vixianza da súde como algo salientable para a manipulación segura do material biolóxico
- Entender o concepto de bioseguridade e os detalles dos distintos tipos de contención e as sújas limitacións
- Saber realizar a avaliacón de riscos de unha determinada situación, e decidir as medidas de prevención
- Entender o risco ambiental asociado ao traballo con material biolóxico
- Aprender a deseñar medidas axeitadas para previr o escape de material biolóxico ao medio ambiente
- Identificar os aspectos de deseño e construción das instalacións que sexan necesarias para a xestión do risco biolóxico, establecidos no proceso de avaliación do risco, incluíndo aspectos de seguridade física
- Identificar e describir aspectos de bioseguridade e bioprotección no mantemento preventivo e correctivo, nas operacións e na clausura de instalacións
- Entender as implicacións en bioseguridade e bioproteción do equipamiento da instalación e de asesorar na súa eleccións, uso correcto, instalación, validación, certificación e mantemento
- Entender e aplicar as técnicas microbiolóxicas apropiadas para manter un ambiente de traballo seguro
- Coñecer os EPI requeridos nunha situación determinada
- Conocer los métodos de desinfección, descontaminación y esterilización
- Ser capaz de desenvolver un plan de xestión de residuos biolóxicos, incluíndo validación e verificación
- Ser capaz de desenvolver un plan de preparación e resposta ante emerxencias e asesorar sobre a súa implementación
- Saber comunicar a importancia de implementar e manter as medidas de seguridade física
- Ter coñecementos para impartir e validar un programa interno de formación en bioseguridade e bioproteción axeitado a diferentes públicos
- Adquirir a capacidade de transmitir os coñecementos necesarios a unha audiencia que inclúa a persoal de todos os niveis
- Ser capaz de realizar auditorías e inspeccións de bioseguridade e bioproteción
- Ser capaz de identificar e entender a necesidade de aplicar as lexislacións e as guías sobre o transporte, importación e exportación segura e protexida do material biolóxico, correcta embalaxe, etiquetado, medios de transporte
- Coñecer os aspectos de bioética en todo o proceso de bioseguridade
- Adquirir capacidade de estudo, de autoaprendizaxe, de organización e de decisión
Contido
Parte I. FUNDAMENTOS E PRINCIPIOS XERAIS. 10 ECTS.
Tema 1. Principios xerais de microbioloxía, bioquímica e bioloxía celular.
Características básicas dos principais grupos taxonómicos de microorganismos e parásitos patóxenos; explicar os principais factores que contribúen á sua capacidade para causar a enfermedade; describir as principais toxinas que producen estes organismos e os seus efectos. Aquí se inclúen sesións de Bioquímica, Bioloxía celular, Bacterioloxía; Viroloxía, Micoloxía, Parasitoloxía, Encefalopatías esponxiformes transmisibles (EETs); Cultivos celulares e Toxinas biolóxicas.
Tema 2. Principios xerais de bioloxía molecular e enxeñería xenética.
Inclúe métodos actuais da tecnoloxía de modificación xenética e os riscos potenciais para os traballadores e o ambiente; fundamentos e técnicas en bioloxía molecular e enxeñería xenética, e tamén vectores virais.
Tema 3. Principios xerais de toxicoloxía e Seguridade Medioambiental.
Impartiranse fundamentos da toxicoloxía e ecotoxicoloxía, ensaios biolóxicos e métodos de cálculo da DL50 e EC50. Tamén se explicará a perigosidade e seguridade medioambiental así como as pragas de animais e plantas:
- Transmisión
- Vectores
- Modos de dispersión
- Supervivencia no medio
- Endémicas ou exóticas
Tema 4. Principios xerais de epidemioloxía.
Neste tema revisaranse os métodos actuais da epidemioloxía, fundamentos e técnicas en epidemioloxía e vectores transmisores de enfermedades.
Tema 5. A hixiene industrial.
- Conceto de contaminación (contaminantes físicos, químicos e biolóxicos)
- Clasificación dos axentes químicos contaminantes (clasificación segundo a súa estrutura química e segundo as súas propiedades físicas)
- Clasificación dos axentes biolóxicos contaminantes (virus, bacterias, fungos e protozoos)
- Microorganismos e infeccións laborais
- Toxinas e alérxenos
- Alérxenos e hipersensibilidade
- Formas de transmisión
- Sistemas de clasificación en grupos de risco (Organización Mundial da Saúde (OMS)
- Focos e orixes de contaminantes
- Doses infectiva
- Clasificación dos axentes físicos contaminantes (ruido, vibracións, calor y radiacións ionizantes e non ionizantes)
- Identificación e avaliación dos riscos
- Detección dos axentes contaminantes e prevención
Tema 6. Vixilancia da Saúde.
Relación entre bioseguridade e as medidas de prevención e vixilancia da saúde:
- Prevención de riscos laborais (PRL)
- Vixilancia da saúde
- Resposta cara incidentes/accidentes
- Temas médicos relacionados co uso de Equipos de Protección Individual (por exemplo, protección respiratoria)
- Traballadores inmunocomprometidos e traballadoras embarazadas
- Colaboración entre o servizo de saúde laboral, Saúde, Seguridade e Medio Ambiente e bioseguridade
Tema 7. Factores humanos e ergonomía.
Neste tema tratarase sobre ergonomía física e ambiental, factores humanos, seguridade baseada no comportamento, traballo en equipo e estrés.
Parte II. PRINCIPIOS DA BIOSEGURIDADE E BIOPROTECCIÓN. 20 ECTS.
Tema 1. Avaliación do Risco Biolóxico, Xestión do risco biolóxico, investigación de incidentes e accidentes.
- Avaliación do Risco: tipos
- Identificación de perigos: a check-list en bioseguridade
- Análise de postos de traballo expostos: investigadores, persoal de mantemento, limpeza, animalario
- Métodos de redución del riesgo
- Notificación e autorización de actividade con risco biolóxico
- Recopilación de feitos de incidentes e accidentes, análise e avaliación
- Mantemento de rexistros, redacción e presentación de informes; Identificar accións correctivas efectivas
- Xestión do Risco Biolóxico: UNE CWA-15973
Tema 2. Principios de bioseguridade.
Inclúe bases de deseño, grupos de risco, inicios da Bioseguridade; barreiras de Biocontención e puntos críticos en instalacións biocontidas.
Tema 3. Principios xerais de construción e enxeñería en contención biolóxica. Equipo de deseño (arquitectos e enxeñeiros, investigadores, seguridade, mantemento).
- Representación técnica: Diagramas, planos, sistemas 2D w 3D, sistema integrado BIM
- Sistemas de construcción: técnicas, materiais e acabados
- Tratamento de aire: Sistemas HVAC (Heating, Ventilation and Air Conditioning) (Calefacción, Ventilación e Aire acondicionado). Sistemas de extracción
- Fluidos: Sistemas de fontanería, drenaxe, valeiro e gases
- Sistemas eléctricos: Cuadros, liñas, proteccións, sistemas de seguridade y redundantes, UPS e seradores
- Datos e comunicacións. Sistemas de control de acceso e vixilancia
- Posta en servizo e validación
- Operación e mantemento, (baixo condicións normales)
- Fallo da instalación e aspectos de bioseguridade bioprotección (en situacións de emerxencia, incluíndo terremotos, tornados, inundacións, etc.)
Tema 4. Selección, validación, certificación, uso e mantemento de equipamento.
- Cabinas de seguridade biolóxica e ailladores
- Normativas de aplicación
- Tipos e elección da cabina adecuada a cada proceso
- Requerimentos de instalación
- Boas prácticas no uso de CSB: biocontención ou esterilidade
- Limpeza e desinfección despois de uso e descontaminación terminal
- Validación, certificación e mantemento de equipos de seguridade
- Autoclaves
- Cabinas de Seguridade Biolóxica
- Aillaores
- Incubadores
- Estufas
- Conxeladores, ultraconxeladores e crioxenizadores
- Balanzas, centrífugas, microtomos e pipetaedores
Tema 5. Equipos de protección individual (EPI).
- Lexislación e normas EN de aplicación. EPI- Roupa de traballo
- Fundamentos dos EPI; categorías de EPIs
- Guantes (de laboratorio, para calor/frío, manexo de animais, produtos químicos, etc.)
- Protección da cara e os ollos
- Proteción respiratoria (tipos, autorización médica, probas de axuste, mantemento, formación); Proteción do corpo
- O EPI como medida última, tras esgotar a técnica nas medidas de protección colectiva
- A criticidade da elección dos EPIs desde a Avaliación de riscos específica, e del correcto uso e mantemento desde a formación
Tema 6. Os procesos de desinfección, descontaminación e esterilización.
- Plan de limpeza previa
- Fundamentos dos procesos de desinfección, descontaminación e esterilización
- Métodos de desinfección, descontaminación e esterilización
- Produtos químicos
- Descontaminación de superficies
- Descontaminación aérea
- Principios e métodos de validación, normativa aplicable
Tema 7. Xestión de residuos biolóxicos.
- Fundamentos da recollida, etiquetado, manipulación, almacenamento, tratamento, transporte e eliminación final de residuos
- Métodos de tratamento de residuos e a validación
- Residuos sólidos; Obxectos cortantes/punzantes
- Líquidos, tratamento de augas residuais
- Residuos mixtos (bio-químicos, bio-radiactivos, bio-químico-radiactivos)
Tema 8. Embalaxe, envío, transporte, importación e exportación de material biolóxico.
- Normativas de transporte nacional e internacional, importación e exportación
- Modos de transporte (aire, estrada, tren e auga)
- Fundamentos dos sistemas de empaquetado e transporte; Guía práctica e documentación
- Procedementos ante vertidos
- Necesidades de formación
Tema 9. Preparación e resposta ante emerxencias.
- Xestión de crises e bioterrorismo
- Crises do Ántrax de 2001
- Rede de Laboratorios de Alerta Biolóxica (RE-LAB)
- Medio Ambiente. Ameaza biolóxica
- Enfermedades emerxentes e reemerxentes
- Novas ameazas do século XXI
Tema 10. Auditorías e inspeccións.
- Sistemas de xestión
- Responsabilidades
- Inspección versus auditoría
- Elementos, métodos e avaliación de unha auditoría e de unha inspección
- Programa de Xestión do Risco Biolóxico
Tema 11. Formación e Comunicación
- Programa interno de formación. Contido
- Ferramentas na formación
- Categorías de persoas dentro da Organización (Dirección, investigadores, traballadores de animalario, mantemento, persoal de limpeza)
- Avaliación da formación
- Avaliación do formador e do curso de formación
- Habilidades de comunicación
- Resolución de conflitos
- Fontes de información.
PRÁCTICAS VIRTUAIS
- Práctica 1. Uso de equipos de protección individual (EPI)
- Práctica 2. Preparación de paquetería de material biolóxico.
- Práctica 3. Traballos en Cabina de Seguridade Biolóxica
- Practica 4. Principios de Bioseguridade
Parte III. INSTALACIÓNS XERAIS DE BIOCONTENCIÓN. 10 ECTS.
INSTALACIÓNS CIENTÍFICAS E DE DIAGNÓSTICO
Tema 1. Lexislación
- Lexislación aplicada. Prevención de riscos
- Lexislación aplicada a instalacións
- Lexislación aplicada a axentes biolóxicos: axentes silvestres e OMG
- Normativa nacional aplicada a deseño de instalacións
- Guías e normas internacionais: OMS, OIE, CDC
Tema 2. Deseño de unha Instalación Biocontida nivel 2 e 3.
- Laboratorios de nivel 2 de contención biolóxica
- Laboratorios de nivel 3 de contención biolóxica
Tema 3. Xestión da entrada e saída de persoas, materiais, residuos, animais e plantas.
- Vestiarios de sucio e limpo
- Duchas de descontaminación de auga e de aire
- Airlocks, Pass Through, SAS
- Dunk.- tanks / Deep tanks
Tema 4. Ventilación, Presión negativa e Filtración HEPA.
- Presión negativa e positiva
- Xeración da presión negativa
- Fluxo continuo de aire
- Steps de presión
- Balanceo de presións
- Requerimentos de ventilación
- O RITE. Contido e Ámbito de aplicación
- Composición do aire
- Mecanismos de filtración
- Clasificación de filtros de aire segundo normas ISO 16890 e ISO 29463. O Filtro HEPA
- Requisitos de filtración de aire en instalacións de alta contención biolóxica. Redundancia
- Sistemas de aloxamento de filtros en función do nivel de contención biolóxica
- Procedimiento BIBO para montaxe e retirada de filtros HEPA
Tema 5. Tratamento de sólidos e efluentes.
- Lexislación
- Situación na área biocontida
- Autoclaves, tipos e a súa validación na instalación
- Tipos de Reactores de tratamento de efluentes
- Cálculo de volume
- Reactores térmicos. Tipos e a súa validación
- Reactores químicos. Validación
- Reactores termoquímicos
Tema 6. Comisionamento de Instalacións de Alta Contención Biolóxica.
- Concetos
- Validación - Cualificación
- Test de integridade de filtros
- Test de estanqueidade de elementos arquitectónicos ou estructurais
- Test de tuberías e conductos
- Test de ventiladores
- Test de diferencial de presión
- Test eléctricos
- Validaciones microbiolóxicas de aire e superficies
- Entidades ou técnicos de comisionamento e verificación
- Monitorización de partículas
- Probas de diferencial de presión
- Probas de estanqueidade de canalizacións e conductos
- Probas termo-higrométricas
- Ruido ambiental e nivel de intensidade lumínica
- Test de verificación de caudales de aire
PRÁCTICAS VIRTUAIS
Visita virtual 1. Laboratorio NCB3 do Centro de Investigación en Sanidade Animal.
Parte IV. INSTALACIÓNS ESPECÍFICAS. 10 ECTS.
INSTALACIÓNS DE EXPERIMENTACIÓN ANIMAL:
Deseño e operación de instalacións biocontidas para pequenos e grandes animais.
Tema 1. Aspectos legales e éticos que regulan a experimentación animal.
- Marco legal. Introdución e termos de interese
- Principio das 3 Rs: reemplazo, redución e refinamento
- Requisitos xerais dunha instalación para aloxar animais
- Autorización de proxectos con animais: Comité de ética e órgano habilitado
- Capacitación do persoal que traballa con animais
- Sistemas de calidade aplicables ao animal de laboratorio
- Acreditación AAALAC International
- Organismos e asociacións de referencia
Tema 2. Tipos de animalarios
- Animalarios de nivel 2 de contención biolóxica
- Animalarios de nivel 3 de contención biolóxica
- Entradas a áreas de experimentación animal de nivel 3 de contención biolóxica
- Salidas de áreas de experimentación animal de nivel 3 de contención biolóxica
Tema 3. Uso de animais. Normas específicas de traballo.
- Lista de enfermidades da OIE
- Pequenos animais: Aloxamiento e necesidades de mantemento. Suxeición e manexo. Enriquecemento ambiental. Racks ventilados. Métodos de eutanasia
- Grandes animais: Especies de gandeiría e silvestres. Aloxamento, instalacións e necesidades de mantemento. Suxeición, manexo e traslado de animais
- Métodos de eutanasia
- Primates. Aloxamento, instalacións e necesidades de mantemento. Suxeición, manexo e traslado de animais. Métodos de eutanasia. Outros animais: peixes, axolotes, artrópodos, nematodos, etc.
- Aloxamento e necesidades de mantenmento. Contencións especiais. Suxeición e manexo. Métodos de eutanasia
- Cuarentena e control sanitario. Importación e exportación
INSTALACIÓNS CON PLANTAS:
Deseño e operación de instalacións biocontidas para traballos con plantas.
Tema 1. Deseño de Instalacións para plantas.
- Lexislación. Autorización de uso
- Situación na zona NCB3
- Medidas especiais de bioseguridade
- Materiais construtivos. Portas e fiestras
- Pasillos de acceso e saída. Fluxo de persoas, materiais, plantas e residuos
- Manexo de residuos específicos en traballos con plantas: terras
Tema 2. Bioseguridade en traballos con plantas.
- Xeneralidades
- Lexislación
- Patóxenos de plantas
- Insectos que provocan enfermidades en plantas
- Plantas modificadas xenéticamente
- Traballos en invernadeiros e semilleiros. Técnicas de cultivo
- Movemento de semillas e plantas (transporte, importación, exportación)
CENTROS SANITARIOS:
Deseño e operación de instalacións biocontidas situadas en centros sanitarios
Tema 1. A Bioseguridade en Centros hospitalarios.
- Lexislación e normativa específica
- Concepto de infección hospitalaria
- Cadena epidemiolóxica
- Precauciones estándar
- O correcto lavado de mans. Tipos (social, clínico e cirúrxico)
- Manexo de material punzocortante
- Desfeitos clínicos
- Deseño de unidades hospitalarias de infectocontaxiosos
- Deseño de campos de contención e tratamento para infectocontaxiosos
- A descontaminación de instalacións
- Descontaminación de persoas en campo
Tema 2. Laboratorios de anatomía patolóxica.
- Deseño. Métodos de traballo e infraestrutura
- Conservación de mostras e biocustodia
- Protección persoal específica
- Métodos y productos de desinfección de rutina
Tema 3. Laboratorios de análisis clínicos, diagnóstico y valoraciones genéticas.
- Diseño de espacios
- Infraestructura clínica. Aparataje y riesgos
- Protección personal específica
- Métodos e produtos de desinfección de rutina
Tema 4. Laboratorios e áreas de infectocontaxiosos.
- Deseño de salas para doentes infecciosos
- Bioseguridade en atención ao paciente
- Bioseguridade en odontoloxía
- Bioseguridade no quirófano
- Bioseguridade en actuación forense
PRÁCTICAS VIRTUAIS
INSTALACIÓNS DE PRODUCCIÓN A GRAN ESCALA:
Deseño e operación de instalacións biocontidas destinadas a procesos de fabricación de vacinas, etc.
Tema 1. Instalacións de producción a gran escala.
- Definición a Gran escala
- Deseño e construción
- Biorreactores
- Normas de cualificación
- Principios fundamentais de GMP e sistemas de xestión
- Produción de medicamentos biolóxicos e Bioseguridade
PRÁCTICAS VIRTUAIS
Visita 1. Empresa de producción de medicamentos sanidade humana.
INSTALACIÓNS DE NIVEL 4
Tema 1. Deseño de unha instalación de nivel 4 de biocontención.
- Instalacións de nivel 4 de contención biolóxica: consideracións previas e puntos críticos
- Instalacións de nivel 4 de contención biolóxica: Glove-box System; Suit-System; Mix-system
- NCB4 Situación mundial
Traballo Fin de Mestrado. 10 ECTS.
Para superar o mestrado realizarase unha serie de actividades obligatorias, con carácter formativo, que se proporán a través do Curso Virtual. Os estudantes encontrarán o enunciado de cada unha das actividades na ferramenta Tareas do Curso Virtual, ao que se puede entrar coas claves de acceso que se lle proporcionan ao formalizar a matrícula, mediante o campus docente dea UNED (www.uned.es). Cada estudante debe realizar un traballo persoal e non compartido, entgregándoo na plataforma dentro dos prazos establecidos. Os traballos serán correxidos polo Equipo Docente. Para superar o mestrado o estudante deberá presentar ol final do curso, un Traballo Fin de Mestrado (TFM) que representará 10 créditos. A realización e superación de todas as actividades propostas serán condición necesaria para poder superar o mestrado.
Atención ao estudante
O seguemento do curso faise mediante o Curso Virtual, na plataforma aLF, na que se atopa toda a información e os documentos de traballo.
A comunicación entre o estudante e o Equipo Docente realízase de forma continua, fundamentalmente a través dos foros de debate do Curso Virtual da materia.
Para preguntas que non se consideren de interese xeral tamén poden contactar co equipo docente empregando o correo electrónico.
- Raquel Martín Folgar - Profesora Contratada Doutora (UNED) mfolgar@ccia.uned.es
- Mónica Morales Camarzana - Profesora Titular de Universidade (UNED) mmorales@ccia.uned.es
- Gonzalo Pascual Álvarez Biosafety & Biocontainment, Head. Animal Health Research Center. Centro de Investigación en Sanidade Animal (CISA)-INIA gpascual@inia.es
Matrícula
Prezo de matrícula: 3.000,00 €. Hai axudas ao estudo e descontos e podese obter información sobre esto nesta ligazón.
Debe facer a solicitude de matrícula marcando a opción correspondente, e posteriormente enviar a documentación ao correo: descuentos@fundacion.uned.es. Son Axudas que se concederán a proposta voluntaria dos directores dos cursos, que son os que máis coñecen aos seus estudantes e detraeranse do crédito dispoñible para o curso. A súa concesión non anula a porcentaxe dos ingresos de matrícula que se destina a axudas ao estudo nesta actividade.
En todo caso, a porcentaxe que se vai incentivar será exclusivamente a que corresponda ao prezo de matrícula (en ningún caso ao prezo do material necesario para o seguemiento do curso).
Os incentivos á matrícula aprobados para este curso académico son os seguintes:
- Terán desconto na matricula os membros do IMIENS. Desconto aplicado: 5%.
O prazo de matricula acaba o 13 de xaneiro de 2023.
Destinatarios
Persoas en posesión dun título de grao en ciencias biomédicas (Bioloxía, Farmacia, Medicina, Veterinaria, Xenética, Microbioloxía, Ciencias ambientais, Biotecnoloxía, Biomedicina, Bioquímica etc.), Enxeñería ou Arquitectura.
Tamén vai dirixido a profesionais da industria farmacéutica e do sector sanitario ou zoosanitario que teñan que traballar en instalacións de contención biolóxica. A dirección do curso poderá propoñer que se establezan requisitos adicionais de formación previa específica nalgunhas disciplinas.
Así mesmo, de forma excepcional e previo informe favorable do director do curso, o Reitorado poderá eximir do requisito previo da titulación nos cursos conducentes ao Diploma de Experto Universitario. Os estudantes deberán presentar un Currículo de experiencias profesionais que avalen a súa capacidade para poder seguir o curso con aproveitamento e dispoñer de acceso á universidade segundo a normativa vixente.
O estudante que desexe matricularse nalgún curso do Programa de Posgrao sen reunir os requisitos de acceso poderá facelo, aínda que no suposto de superalo, non terá dereito ao Título propio, senón a un Certificado de aproveitamento.
Co obxecto de manter un axeitado nivel de calidade no curso, só se admitirá a un número máximo de 20 estudantes, seguindo o criterio de orde de matriculación. Solicitude de matrícula enliña
UNED Ourense
Comunicación