Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O profesor da UNED Senior Ourense Simone Saibene, premio CREA á mellor realización de TV

2 de diciembre de 2022

A Asociación CREA decidiu premiar ao profesor pola realización do programa Cinephilia producido por Noveolas Producciones e Telemiño, do que tamén é presentador. 

OURENSE, 2 de decembro de 2022. O profesor titor de UNED Senior Ourense, Simone Saibene, ven de acadar o Premio na categoría Mellor Dirección de programa TV por ‘Cinephilia’, concedido na reunión anual da Ascociación galega de profesionais da dirección e realización (CREA) coa entrega dos premios. A reunión celebrouse recentemente en Santiago de Compostela co gallo dos 20 anos da Asociación CREA. Durante o acto entregáronse os Premios das distintas categorías profesionais e o italo-ourensán Simone Saibene recibiu o Premio dedicado á Mellor Realización TV polo programa ‘Cinephilia’, do cal tamén é presentador.

 Saibene mostrou a súa felicidade diante deste novo recoñecemento: “Alégrome moitisimo que os socios de CREA decidiron votar por Cinephilia. CREA aposta pola defensa da creatividade e dos profesionais do sector. Cinephilia é un programa que non compite a nivel de orzamento cos da Televisión Pública. Pero non lle falta creatividade e, por suposto, un dos obxetivos do programa é apoiar o audiovisual galego en todas as súas vertintes, tamén a nivel das distintas profesións e sen discriminación de formato. En ‘Cinephilia’ atopan o seu propio espazo as longametraxes de ficcións, os documentais, as curtametraxes, as series TV e as web series, os videoclips, a animación, o cine experimental, os festivais de cine, e todas aquela variedade de proxectos e iniciativas que contribúen a enriquecer e facer grande o audiovisual galego. Agradezo por suposto a Telemiño, e ao equipo que comparte esta aventura cinefila que xa chegou a súa cuarta tempada”.

Non é a primeira vez que o programa de Saibene, producido por Noveolas Producciones e Telemiño, recibe un galardón. No 2021 levou o Mestre Mateo á Mellor Programa de Televisión, e Saibene dúas nominacións consecutivas na categoría de Mellor Comunicador. O Mestre Mateo do 2021 marcou tamén otra diferenza: foi o primeiro Mestre Mateo concedido a un programa dunha televisión local, non emitido pola TVG.

Telemiño empezou emitindo o programa dende finais de setembro do ano 2019. Dende entón, ‘Cinephila’ emitíuse todos os mércores ás 22h, levando xa un total de 165 programas. Cada programa ten unha duración de 25 minutos e segue no traballo de dar a coñecer ao público calqueira profesión que forme parte da obra de arte colectiva que é o cine, cunha especial atención ao audiovisual galego.

Simone Saibene naceu en Italia no 1977. Licenciouse en Ciencias da Comunicación na Universidade IULM de Milán. Dende o 2006 ata o 2010 traballou como programador, animador cultural e redactor de publicacións na Fundación Cultural San Fedele de Milán. Docente e coordinador de ciclos de cine, xornalista, colabora e colaborou con varios medios e institucións, entre outros, o Instituto Cervantes de Milán, a Esap de Porto, a UNED Senior Ourense, a Universidade de Vigo e o xornal La Región. En Onda Cero Ourense ten un espazo dedicado ao cinema chamado Butaca Cero. Como músico lidera o grupo Os Forasteiros e publicó o EP Grelos Western no 2018. Na súa filmografía atopamos, entre outros, Regreso a San Andrés (2007), 9 ondas (2013), Kuti Khanti (2014), Pelerinaxes (2016) ou Os camiños do neno labrego (2021). O seu último documental, Escribir o imposible, é un retrato atípico sobre o proceso creativo do escritor Juan Tallón. Estreouse na sección DOC.España da Seminci de Valladolid no ano 2021.

Dende o 2009, Saibene vive en Ourense onde fundou a produtora e distribuidora Noveolas Producciones. Desde o 2019, produce e conduce o programa Cinephilia en Telemiño. No 2021 recibiu o Mestre Mateo á Mellor Programa TV e Saibene estivo entre os finalistas á Mellor Comunicador tamén o ano seguinte.

 

 

 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es