OURENSE, 16 de novembro de 2022. Hoxe coñecéronse os resultados definitivos das primeiras eleccións a Reitor por sufraxio universal da UNED, tal e como propón a LOU. Nelas participaron todos os Centros Asociados, tanto do territorio español como de América, África e Europa. Un total de 170.818 persoas, entre docentes, estudantes e persoal de administración e servizos, emitiu o seu voto para elexir ao reitor que conducirá a UNED durante os vindeiros catro anos, nun momento no que o mundo universitario está pasando por diversos procesos, algúns tan importantes e complexos como a Lei Orgánica do sistema universitario, que será algún dos asuntos aos que terá que enfrentarse o nuevo reitor.
Proclamación provisional do candidato eleito
Á vista dos resultados do escrutinio xeral e ao ter obtido máis do cincuenta por cento dos votos ponderados a candidaturas válidamente emitidos, de conformidade co artigo 62.1 do Reglamento Eleitoral Xeral da Xunta Eleitoral Central, por unanimidade, procede a proclamar provisionalmente a D. Ricardo Mairal Usón como candidato eleito.
O prazo de presentación de reclamacións contra a proclamación provisional do candidato eleito: 17 e 18 de novembro.
Data de proclamación definitiva do Reitor: 22 de novembro.
Ricardo Mairal, con membros do seu equipo, observa con atención o escrutinio dos votos emitidos.
O reitor eleito saúda á súa contrincante na loita eleitoral, Esther Souto Galván.
Ricardo Mairal saudou aos membros da mesa que deron a coñecer os resultados tra-lo escrutinio.
Porcentaxe de participación por candidaturas
Ricardo Mairal obtivo o 62,69% dos votos ponderados a candidaturas válidamente emitidos, seguido de Esther Souto cun 37'30%.
Datos de participación por sectores
Resultados provisionais das eleccións a Reitor 2022
UNED Ourense
Comunicación