OURENSE, 8 de novembro de 2022. Comezou o relator referíndose a unhas declaracións de Juan Carlos Losada Malvárez, da Universidade de Barcelona, cando sostén que "os avances tecnolóxicos que experimentou a sociedade sempre se aplicaron, case de modo inmediato, á guerra, pois da súa sorte dependía a supervivencia da comunidade...O paradoxo é evidente: cambios que permitiron mellorar ostensiblemente as condicións de vida da humanidade, tamén supuxeron formas máis eficientes de matar e de poñer en perigo a mesma supervivencia do planeta". E tamén citou o feito, non fai moitos anos, en plena situación de tensión tras os atentados contra as Torres Xemelas de Nova Iorque, dun economista que viaxaba en avión a Estados Unidos para dar unha clase ou unha conferencia e na mesiña do seu asento púxose a desenvolver unha fórmula matemática que cubría todo o folio. Quen se sentaba ao seu carón denuncionuno por considerar que aquela linguaxe matemática era escritura musulmana e ao economista parecíalle, polo tanto, un suposto terrorista. Tras varias xestións, o economista pudo xustificar que era tal e que escribira unha fórmula longa, en linguaxe matemática. Nada máis. Ao final quen non seguiu a viaxe foi o outro viaxeiro que o denunciou, polo pola vergoña de non coñecer a simple vista que o que o seu compañeiro de asento escribía non era mákis que unha complexa expresión matemática.
Antoranz referiuse no seu repaso histórico ás matemáticas na Grecia clásica, con Alejandro Magno e a estrutura das falanxes; daquela ás matemáticas en Roma, cos múltiplos de 10 para a lexión, as cohortes, os manípulos, as centurias e as decurias. O relator falou de transformacións xeométricas nas plantas das urbes romanas e chegou a Diego de Álava y Viamont (1542-1620) coa necesidade de coñecer, antes de disparar, en primeiro lugar, a distancia ao obxectivo; a diferenza de alturas entre o obxectivo e a peza de canón así como o alcance do obús. Viamont é autor do tratado O perfecto capitán instruído na Disciplina Militar e nova ciencia da Artillería.
José Carlos Antoranz ofreceu algúns datos históricos segundo os cales Roosevelt pediu, o 4 de maio de 1941, a fabricación de 500 bombardeiros ao mes. Ese ano o Reino Unido había fabricado 498 en doce meses. O presidente americano permitiu o uso ilimitado contra civís, levando a guerra á casa do alemán normal e corrente. A intelixencia de Estados Unidos elevou as cifras de avións alemáns sostendo que no 1941 construíran 11.776 avións mentres que se afirmou que foron 42.500.
Churchil prometeu a Stalin que se bombardearían cidades alemás para romper a moral da poboación civil inimiga. Os aliados non bombardearon as primeiras liñas de combate en 1942 e o Reino Unido bombardeou cidades alemás antes de que Alemaña bombardease o Reino Unido.
"Ao comezo, menos dun cuarto de bombas dentro dun radio de 8 km; un 30% sobre zonas urbanizadas e no Ruhr, as brumas e a contaminación causaron un erro de entre o 90% e o 95%". Cara as informacións da Intelixencia de USA, Roosevelt durante a Segunda Guerra Mundial, construíu:
A continuación, o decano de Ciencias da UNED definiu que se entende por Intelixencia Operativa (IO). "Basicamente consiste na construción dun modelo científico-matemático do sistema, co cal se poden predicir e comparar os resultados de diversas estratexias e decisións, incorporando medidas de azar e risco. O obxectivo é axudar aos dirixentes (responsables) a determinar cientificamente as súas políticas de actuación". Explico como foi posible que os Estados Unidos producisen tanta maquinaria bélica, implicándose o sector privado na produción en masa (Ford, General Motors, etc). "Os militares dirixían a industria, o que supoñía menor produción a capricho dos mandos e só usaron o 50% da capacidade de produción", expuxo o relator, dando datos da contenda mundial.
Ao referirse á investigación de Operacións de Loxística, Antoranz mostrou as definicións de IO de Aurther Clarke e T.L. Saty. Para o primeiro a IO é a arte de gañar guerras sen loitar realmente. Para o segundo, a IO é a arte de ofrecer malas respostas a problemas onde doutro xeito danse peores respostas.
"A loxística é a arte sen gloria cuxas funcións básicas sobre os recursos son determinar necesidades, obtención e distribución. Encárgase de planificar, coordinar e controlar". Así citou os casos da primeira Guerra do Golfo, e todo o que supuxo. Tamén se detivo na Guerra dos 6 días na que Israel dedicouse a coñecer mellor ao enemigo, é decir, a usar a intelixencia; distribuir mellor e máis rápido, o que supón loxística e prever situacións antes que o enemigo. Israel non tiña a industria necesaria. Ao final , en seis días de contenda os datos son elocuentes: Israel tivo 777 mortos, 2.563 feridos e 15 prisioneiros, todo empregando 26 avións. Do outro lado, Exipto tivo entre 9.000-15.000 mortos e 4.388 prisioneiros; Xordania rexistrou 700 mortos e 533 prisioneiros e Siria, 250 mortos e 590 prisioneiros. Todo elo con 452 avións e milleiros de carros de combate destruídos.
Citou a imaxe multiespectral, quen é máis rápido e ve mellor; o uso da telefonía móbil ata chegar á guerra actual, co uso do GPS e teledetección.
A teledetección é a técnica de adquisición de datos da superficie terrestre desde sensores instalados en plataformas espaciais. En Ucraína úsase esa técnica. "Hai empresas privadas que teledetectan, identifican, posicionan e envían información. Hai intelixencia que determina as accións e envía material guiado por GPS ao obxectivo. Utilízase o WorldView-3, resolución BW, 31 cm e cor, 1,2 metros".
Os satélites, explicou o relator, detectan os obxectivos e sitúanos e seguen a súa traxectoria a través de intelixencia con tratamento dixital de imaxes. Permiten elixir o mellor elemento para interceptar o obxectivo, comunicacións encriptadas cos executores mediante números primos e intelixencia; seguimento vía GPS do elemento lanzado e teledetección-verificación de resultados a través do tratamento dixital de imaxes (filtros, transformadas, matrices).
Hai outro tipo de guerra que é a denominada Guerra Mosaico ou Era da Precisión. Iso implica municións de precisión moi abundantes e de baixo custo; abundancia de sensores (drons, cámaras); fusión dos datos nunha rede que coordine a masa dispersa de vehículos sensores e tiradores así como atomización dos combates.
Se falamos de prezos e datos a outubro de 2022, José Carlos Antoranz expuxo os seguintes:
Sinalou Antoranz o ciclo da intelixencia para referirse ás matemáticas modernas e Twitter:
O decano da Facultade de Ciencias da UNED deu un bo repaso ao título do seu relatorio, captando o interese do público que lle escoitou no salón do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Trátase dunha nova acción de UNED Ourense para divulgar ciencia.
UNED Ourense
Comunicación