Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense suspende o seu acto solemne de apertura de curso

26 de octubre de 2022

O accidente ocurrido esta mañá no IES Prieto Nespereira no que faleceu un adolescente e resultaron feridos algúns compañeiros, motiva esta suspensión nunha xornada triste na cidade. O novo acto de apertura do curso académico se celebrarase a finais de novembro. 

OURENSE, 26 de outubro de 2022. A dirección de UNED Ourense decidiu suspender o solemne acto de apertura do curso, que estaba previsto para esta tarde, ás 19.00 horas. O motivo non é outro que o accidente ocorrido esta mañá no IES Julio Prieto Nespereira, no que faleceu un raparigo de 15 anos e outros compañeiros resultaron feridos. O centro educativo áchase no barrio de O Vinteún. A desgraza causouna o esborralle dun muro do vestiario do polideportivo escolar.

As institucións que integran o Consorcio de UNED Ourense suspenderon as súas axendas. Tamén o seu director, Jesús Manuel García Díaz, tomou a decisión de suspender o acto desta tarde e explicou que "lamentamos a desgraza tan grande que vivimos hoxe na cidade. É unha pena enorme nun día moi triste. Pobre raparigo, pobre familia, compañeiros, profesores. Descanse en paz este mozo! En nome de todo o persoal así como da comunidade universitaria da UNED en Ourense envío un abrazo forte aos pais do mozo, moito ánimo, e os nosos desexos de pronta recuperación dos feridos".García Díaz trasladou asimesmo a mensaxe do reitor da UNED, Ricardo Mairal, transmitindo as súas condolenzas à familia do estudante.

O acto de apertura de curso trasladarase para finais do mes que vén. UNED Ourense comunicará debidamente a nova data para un acto que se celebrará con gran solemnidade, mantendo o programa que se estableceu para hoxe e que foi suspendido.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es