Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

¡Ampliamos o prazo de matrícula!

21 de octubre de 2022

A UNED amplía o seu prazo de matrícula ata o 8 de novembro para estudos de Grao, Graos Combinados, Mestrados Oficiais, Idiomas, Curso de Acceso para Maiores de 25 e 45 anos e Microtítulos. A nosa universidade incorporou este curso á súa xa extensa oferta académica dous novos Graos e dous Mestrados Oficiais. ¡Formaliza a túa matrícula en liña e vive a experiencia de formar parte do maior campus de Europa!

OURENSE, 21 de outubro de 2022. Os Graos en Educación Infantil Enxeñería da Enerxía e os Mestrados Universitarios en Ciencias Políticas: Análise Político, Políticas Públicas e Política Internacional e en Enxeñería das Tecnoloxías Educativas súmanse así a unha oferta académica que converte á UNED na maior universidade pública de España, con máis de 30 Graos e máis de 80 Mestrados Oficiais. Unha oferta que se completa coas 16 linguas que se poden estudar no noso Centro de Idiomas e cos máis de 20 Graos Combinados e os 16 Microtítulos cos que a universidade atendeu de forma pioneira ás demandas de Europa e dos estudantes.

A maiores, a matrícula na Escola Internacional de Doutoramento permanece aberta ata o 16 de novembro e a de Formación Permanente en convocatoria ordinaria ata o 30 de novembro. Amplíase e amplía tamén ata o 8 de novembro a matrícula para o Curso de Acceso para Maiores de 25 e 45.

Matricularse nun curso na UNED supón convertirse no protagonista da propia aprendizaxe, así como entrar á universidade pública máis grande de España, tanto en número de estudantes como en oferta académica. Tamién supón estudar no maior campus de Europa. Máis de 200.000 estudantes confían cada ano na UNED e gozan dun sistema de aprendizaxe innovador que combina docencia en liña e acompañamento presencial soportado por unha plataforma tecnolóxica en constante evolución que permite ofrecer un modelo flexible e adaptado ás necesidades individuais de cada ún dos seus estudantes. 

En todos os cursos de UNED aplícase unha metodoloxía única de ensino en liña e semipresencial, creada tras anos de experiencia da UNED. Con esta metodoloxía, os cursos son flexibles e respectuosos co ritmo de vida de cada estudante, xa que permiten estudar de forma en liña desde calquer lugar do mundo, con apoio presencial desde unha rede nacional e internacional de Centros UNED que suman 80 sedes en 75 cidades de 17 países.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es