OURENSE, 20 de octubro de 2022. Este venres, día 21, comeza na en Aula de Extensión de A Rúa, de UNED Ourense, o curso de introducción á olivicultura. Os docentes ponentes José Espinosa Sánchez, biólogo, consultor, membro do Comité de Cata "Aceite de Quiroga" e Antón Alonso Suárez, director e editor de www.vinosycaminos.com, que intervirá o último día. Este curso permite achegar ao estudiante o cultivo da oliveira e adquirir coñecementos sobre a botánica ou as variedades de oliveira existentes. Tamén se formará na fructificación, a producción, a maduración ou o emprego axeitado do solo en torno ao cultivo da oliveira. O horario das sesións entre o venres, 21 de outubro de 2022 e o sábado, 29 de abril de 2023 será de 16:00 a 20:00 horas todos os venres e de 10:00 a 14:00 horas as sesión que coinciden en sábado. Polo de agora, posto que a matrícula segue aberta, hai 37 persoas matriculadas que residen en Canarias, Castela-A Mancha, Cataluña, Madrid e tamén hai algunha persoa matriculada desde Alemaña.
Programa:
Asistencia
Esta actividade permite ao estudante participar con asistencia presencial ou asistencia en liña en directo ou en diferido.
Matrícula
Os estudantes alleos á UNED (outras universidades, ciclos FP, Escola Oficial de Idiomas, Conservatorio de Música), teñen que aportar copia da matrícula do curso 2022-23. A matrícula en modalidade especial é para os Amigos dos Aceites de Quiroga e Gallaecia (AMIAQUIGAL) A matrícula ten un prezo ordinario de 45 euros. Si se trata de alumnos da UNED, será de 30 euros, o mesmo que si se trata de estudantes ou de persoas en situación de desemprego. Matrículate aquí
Este ciclo formativo está dirixido por Rosa María Garcinuño Martínez, profesora titular na Facultade de Ciencias e Directora do Departamento de Ciencias Analíticas na UNED. Vai destinado especialmente a profesionais ou futuros especialistas do sector agrícola, industrial ou técnico relacionado co cultivo desta planta que necesiten ampliar os seus coñecementos e interesados en xeral.
Obxectivos
Metodoloxía
É un curso de formación de 50 horas lectivas (40 horas presenciais ou en directo e 10 horas de traballos a distancia a realizar na casa). O sistema de avaliación constará dun traballo final a realizar sobre a materia impartida segundo as directrices do docente do curso.
Colaboran AMIAQUIGAL e www.vinosycaminos.com
Este curso afecta aos ODS 4, 12 y 15.
UNED Ourense
Comunicación