Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Habemos de tentar que en Ourense haxa máis intérpretes de Lingua de Signos Española"

12 de octubre de 2022

A alcaldesa de Xinzo e o director de UNED Ourense inauguraron a terceira edición do curso de Iniciación á LSE, que se prolongará ata novembro con sesións presenciais tres días á semana para 22 matriculados. O segundo lembroulles que este curso supón unha "magnífica axuda á sociedade".

OURENSE, 12 de outubro de 2022. Comezou esta semana en Xinzo de Limia a terceira edición do curso de Iniciación á Lingua de Signos Española (LSE) organizado por UNED Ourense. As sesións teñen lugar no salón de actos da sede municipal. Para a súa inauguración asistiron a alcaldesa da vila, Elvira Lama Fernández; o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, o concelleiro de Servizos Sociais de Xinzo, José Alberto Martínez Morais e a profesora Laura Vila Fernández, Igualmente estaba o administrativo Luis Gulín Iglesias. Hai  22 matriculados neste curso de extensión, que proceden de distintos lugares das provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra. A alcaldesa agradeceu a celebración deste curso da UNED en Xinzo e animou a todos os matriculados a seguir cada sesión. Ata ela decidiu quedar uns minutos para seguir a primeira clase.

"Para nós é un pracer, unha alegría, levar ao extensión universitaria da UNED por toda a provincia. E máis alegría por estar hoxe aquí, con este ciclo de iniciación á Lingua de Signos Española na capital limiana. Fai catro anos pedín que se organizase un curso destas características porque xa non podemos quedarnos de brazos cruzados vendo como en moitos actos, cada vez máis, sempre se conta cunha persoa que traduce á lingua de signos o que alí se fala, para outra parte importante da cidadanía. Habemos de tentar que en Ourense haxa máis intérpretes de LSE e aquí estamos xa por terceiro ano poñendo o noso gran de area. Oxalá aprendades moito sen deixar de divertirvos e que chegado o momento saian de aquí, senón todos polo menos a maioría de vós capaces de seguir crecendo e convertervos en intérpretes. Será unha magnífica axuda á sociedade, non o esquezades", díxolles Jesús Manuel García. A docente, Laura Vila Fernández, leva tres edicións do curso en UNED Ourense, que se seguirá celebrando mentres haxa interese, como sostén o director.

"En UNED Ourense temos moi en consideración a comunicación e isto é tamén comunicación. Non podiamos non desenvolver este proxecto docente no que participades", sinalou García Díaz, para engadir que esta é outra iniciativa da UNED que a fai apegarse ao territorio no que opera. "Isto só conséguese coa existencia dos centros asociados da UNED, como o noso en Ourense, que serve a todo o territorio provincial desde hai 30 anos, grazas ao apoio firme das institucións que constitúen o seu Consorcio, ás que sempre estamos agradecidos pois elas tamén fan, facemos UNED todos os días.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es