Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aprende Lingua de Signos Española coa UNED en Xinzo

29 de septiembre de 2022

Do 11 de outubro ao 4 de novembro vaise desenvolver na Casa da Cultura de Xinzo unha nova edición do curso de iniciación á Lingua de Signos Española. Comprende 12 sesións, cada unha de dúas horas e media, sempre en horario de serán. Tras dous anos celebrándose en Ourense, a UNED quere levalo a outras vilas da provincia. 

OURENSE, 29 de setembro de 2022. A Lingua de Signos Española é a natural das persoas xordas e xordocegas. É un código viso-xestual con contidos gramaticais e lingüísticos propios, recoñecida como lingua na Lei 27/2007 aprobada o 23 de outubro de 2007. A nosa sociedade cada vez está máis sensibilizada con este colectivo e coas barreiras de comunicación existentes entre as persoas xordas e ouvintes, crecendo así, o interese en aprender Lingua de Signos, xa sexa por motivos laborais, familiares, educativos ou por simple curiosidade.

A finalidade deste curso é que o estudantado teña un primeiro contacto coa LSE, que adquira contido e ferramentas básicas necesarias para poder compensar as diferencias lingüísticas entre a lingua oral e a lingua de signos e que poda manter con certa fluidez, conversacións básicas sobre cuestións da vida cotiá.

Este curso celebrarase do 11 de outubro ao 4 de novembro de 2022 en horario de 17:30 a 20:00 h.  O seu escenario será a Casa da Cultura de Xinzo de Limia. Consta de 30 horas lectivas e de 1.5 créditos ECTS. As sesións serán presenciais. A docente é Laura Vila Fernández, intérprete de lingua de signos.

PROGRAMA:

  • martes, 11 de outubro
    • 17:30-20:00 h. SESIÓN 1: COÑECÉMONOS

      Contidos: a Lingua de Signos. Saúdos e despedidas. Presentación. Números e idade. 

      Aspectos gramaticais traballados: Como se signa? Uso do espazo e aspectos gramaticais básicos. Dactilolóxico e números. Verbos ser e estar. Tempos verbais. Partículas interrogativas. Adverbios: se e non. Persoas xordas: signo persoal.

      Actividades: Saudámonos. Presentámonos. A nosa idade e data de nacemento. Despedímonos. 

      Afianzamos: Resolución de dúbridas e breve repaso.

 

  • xoves, 13 de outubro
      • 17:30-20:00 h. SESIÓN 2: DESCRIBÍMONOS

        Contidos: Persoa xorda, persoa xordocega e persoa con discapacidade auditiva. Descripción física. Caracteres e sentimentos. Cidades e comunidades autónomas I.

        Aspectos gramaticais traballados: Como se signa? Uso do espazo e aspectos gramaticais básicos. Dactilolóxico e números. Verbos ser e estar. Tempos verbais. Partículas interrogativas. Adverbios: si e non. Persoas xordas: signo persoal.

        Actividades: Signamos sobre nós e sobre outras persoas. Describímonos e describimos aos nosos compañeiros. Adiviñamos caracteres e sentimentos. Aprendemos a nosa Comunidade Autónoma. Provincias e cidades importantes.

        Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.

 

  • venres, 14 de outubro
    • 17:30-20:00 h. SESIÓN 3: A NOSA FAMILIA

      Contidos: Comunidade xorda. Tipos de xordeira. Familia. Hora. Posesivos.

      Aspectos gramaticais traballados: Signos igual e diferente. Xénero. Verbos haber e ter. Tamaño. Posesivos.

      Actividades: Gramática da Lingua de Signos. Fálame da túa familia. Explica a túa rutina diaria.

      Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.

 

  • martes, 18 de outubro
    • 17:30-20:00 h. SESIÓN 4: ONDE VIVIMOS

      Contidos: Clasificadores. Casa. Accións. Cores. 

      Aspectos gramaticais traballados: Signos igual e diferente. Verbos haber e tener. Tamaño. Posesivos.

      Actividades: Facemos planos duhna casa. Explica as túas vacacións, Describimos obxectos.

      Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.

 

  • xoves, 20 de outubro
    • 17:30-20:00 h. SESIÓN 5: OCUPACIÓN

      Contidos: Traballo e emprego. Educación. Accións II.

      Aspectos gramaticais traballados: Articulación do signo. Singular e plural. Negación. Oracións enunciativas.

      Actividades: Fala sobre o teu traballo. Describe o teu traballo ideal. Que estudos tes? Que estudos che gustaría realizar?

      Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.

 

  • venres, 21 de outubro
    • 17:30-20:00 h. SESIÓN 6: APORTACIÓN DAS NOVAS TECNOLOXÍAS ÁS DISCAPACIDADES

      Contidos: Axudas técnicas auditivas. ILSE, GILSE. Discapacidade e tecnoloxía. Cortesía. Adverbios de lugar e cantidade.

      Aspectos gramaticais traballados: Articulación do signo. Singular e plural. Adverbios de lugar e cantidade. Negación. Oracións enunciativas.

      Actividades: Aprendemos as vantaxes e desvantaxes das novas tecnoloxías no mundo das discapacidades. Tipos de barreiras. Indicamos lugares próximos e lonxanos. Asistimos a unha reunión empresarial. Formas protocolarias en Lingua de Signos.

      Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.

 

  • martes, 25 de outubro
    • 17:30-20:00 h. SESIÓN 7: O TEMPO CRONOLÓXICO

      Contidos: Días da semana. Meses do ano. Tempo e estacións.

      Aspectos gramaticais traballados: Uso do espazo. Demostrativos. Clasificadores. Singular e plural. Tipos. Verbos auxiliares. Exclamacións.

      Actividades: Realizamos un horario escolar. Identificamos estacións e os meses que lle corresponden. Planificamos un ano sabático.

      Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.

 

  • xoves, 27 de outubro
    • 17:30-20:00 h. SESIÓN 8: VIDA COTIÁ

      Contidos: Expresión corporal. Compras. Saúde. Roupa.

      Aspectos gramaticais traballados: Uso do espazo. Demostrativos. Clasificadores. Singular e plural. Tipos. Verbos auxiliares. Exclamacións.

      Actividades: Pedimos disculpas. Pedimos un favor. Temos unha cita médica. ïmonos de rabeixas.

      Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.

 

  • venres, 28 de outubro
    • 17:30-20:00 h. SESIÓN 9: GUSTOS PERSONAIS

      Contidos: Comidas e bebidas. Novas tecnoloxías. Redes sociais.

      Aspectos gramaticais traballados: Expresión facial. Signos monomanuais e bimanuais. Uso dos clasificadores.

      Actividades: Signamos sobre os nosos gustos. Expresamos os nosos desexos. Preparamos un menú. Comentamos o uso de aplicacións e redes sociais.

      Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.

 

  • mércores, 2 de novembro
    • 17:30-20:00 h. SESIÓN 10: A CASA. MOBILIARIO.

      Contidos: Obxectos da casa. Adxectivos. Adverbios de modo.

      Aspectos gramaticais traballados: Expresión facial. Signos monomanuais e bimanuais. Uso dos clasificadores. Adxectivos. Adverbios.

      Actividades: Deseñamos a casa dos nosos soños. Describimos casas de famosos. Vexo-Vexo. Adiviñamos obxectos pola súa descrición. 

      Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.

 

  • xoves, 3 de novembro
    • 17:30-20:00 h. SESIÓN 11: OPINIÓN PERSOAL

      Contidos: Transporte. Lugares. Natureza. Cudades e comunidades autónomas II. Partículas interrogativas.

      Aspectos gramaticais traballados: Expresión corporal. Tipos de clasificadores. Oracións coordinadas copulativas. Pausas.

      Actividades: Medios de transporte da nosa cidade. Como podo desprazarme por España. Compramos billetes. Expresamos acordo e desacordo.

      Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.

 

  • venres, 4 de novembro
    • 17:30-20:00 h. SESIÓN 12: OPINIÓN PERSOAL

      Contidos: Lecer e viaxes. Cidades e países turísticos. Adverbios de tempo e lugar.

      Aspectos gramaticais traballados: Expresión corporal. Tipos de clasificadores. Pasado, presente e futuro. Oracións coordinadas copulativas. Pausas.

      Actividades: Planifica as túas vacacións. Opinamos sobre diferentes temas de actualidade. Compartimos experiencias sobre lugares visitados. Realiza unha visita guiada da túa cidade a un grupo de turistas.

      Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.

Este curso vai dirixido a estudantes, persoal sociosanitario e das administracións públicas, e interesados en xeral.

Obxectivos

  • Xerais:
  1. Coñecer á comunidade xorda e xordocega.
  2. Adquirir competencias básicas en Lingua de Signos Española.
  3. Satisfacer necesidades inmediatas da vida cotiá.
  • Específicos:
  1. Coñecer e comprender o mundo das persoas xordas.
  2. Utilizar estruturas básicas de uso frecuente.
  3. Comprender vocabulario e frases sinxelas.
  4. Saber expresar enunciados simples e compostos, previamente preparados.
  5. Participar en intercambios comunicativos breves de forma fluida.

Metodoloxía

Duración: 30 horas.  Sesións: 12.  Cada sesión terá unha duración de 2:30 horas.

En cada tema tratarase contido léxico, gramatical, sociocultural e pragmático. As actividades que se realizarán en cada sesión serán tanto de comprensión como de expresión. Desta maneira, as clases desenvoveranse de forma práctica, casi na súa totalidade. 

CONTIDOS TEÓRICOS

  • As persoas xordas e xordocegas. Comunidade, Identidade e Lingua
  • A Lingua de Signos.
  • Persoa Xorda, persoa sordocega e persona con discapacidade auditiva.
  • Comunidade xorda,

  • Tipos de xordeira.

  • Axudas técnicas auditivas, ILSE, GILSE.
  • Expresión corporal.
  • Clasificadores.

  • Gramática da Lingua de Signos.

  • Sistema de avaliación. 

Valorarase:

  • A realización de actividades diarias/semanais.
  • A participación activa na clase.

  • As exposicións dos temas desenvolvidos. 

Ao final de cada tema realizarase unha avaliación diagnóstica mediante probas prácticas que serán de forma individual, nas que demostrarán os coñecementos adquiridos. Na devandita avaliación, aparte das valoracións realizadas polo profesor, teranse en consideración as aportacións e/ou correccións feitas polo resto do estudantado. 

Neste curso colaboran a Deputación e o Concello de Xinzo de Limia.

UNED Ourense

Comunicac

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es