Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Ourense celebra xornada de portas abertas o venres día 30 

28 de septiembre de 2022

Todas as persoas que se matriculan por vez primeira na nosa universidade teñen unha cita ás 11.00 horas no salón de actos do noso centro para aclarar cantas dúbidas se lles prantexen e sacar un maior proveito aos estudos.

OURENSE, 28 de setembro de 2022. UNED Ourense celebrará este venres, día 30 de setembro, unha xornada de portas abertas para os novos estudantes. Será ás 11.00 horas no salón de actos do Centro Asociado. Os novos matriculados serán recibidos polo director, Jesús Manuel García, acompañado de membros do PAS, como Luís Gulín e do profesor titor e responsable do Centro de Orientación e Emprego ao Estudante (COIE), Jesús Carballo.

Nesta xornada explicarase aos estudantes detalles sobre o funcionamento do centro así como para sacar maior partido aos estudos. 

Aclararanse dúbidas a quen aínda non sabe porque área de estudos decidirse. Se hai alguén que se sinta perdido ao planificar a matrícula explicaráselle como orientarse. Outras persoas necesitarán coñecer certas informacións antes de matricularse. Alí falarase de todo iso, para que ninguén quede sen resposta. Tamén se falará de organizar o estudo persoal e como son os exames na UNED. Esta sesión lévase a cabo cando aínda estamos metidos en pleno período de matrícula, que se estende ata o 21 de outubro. Esperámosche!

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es