Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED convoca o II Premio Literario de Relato Curto para mozos escritores

19 de septiembre de 2022

Por medio da súa Facultade de Filoloxía anima aos estudantes de 4 de ESO e 1º de Bachalerato a presentar os seus textos con data límite do 1 de maio de 2023.

OURENSE, 19 de setembro de 2022. A Universidade Nacional de Educación a Distancia, a través da Facultade de Filoloxía e en colaboración co departamento de Actividades Culturais, fomenta e apoia a creación literaria entre os estudantes de 4.º de ESO e 1.º de Bachalerato e convoca o II Premio Literario da UNED de relato curto para xoves escritores. 

BASES

I. Poderán participar todos os estudantes de 4.º de ESO e 1.º de Bachalerato ou equivalentes, cunha idade máxima de 18 anos cumpridos na data de entrega de orixinais; que sexan residentes en España, ou estudantes de centros no estranxeiro con titularidade española e convenio coa UNED.

II. A extensión dos relatos, que deberán estar escritos en castelán, non superará un máximo de 2.000 palabras e terá un mínimo de 1.000. O tema desta convocatoria terá que estar relacionado coa sostibilidade e o medio ambiente.

As obras serán orixinais e inéditas e non estarán premiadas con anterioridade noutro concurso, nin estarán presentadas a outro premio pendente de fallo.

Cada autor somentes poderá presentar unha obra.

III. Os participantes deberán ter en conta o seguinte:

1.   Os relatos, asinados con pseudónimo, enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico: premiojovenes@adm.uned.es  

2.   As obras presentaranse en formato Word. O nome do arquivo será o título do relato.

3.   Os autores terán que enviar os seus datos personais recheando o formulario de admisión publicado na páxina web xunto a estas bases.

     O título do relato que se envía a través do correo electrónico ten que coincidir co título do relato que figura no formulario de admisión.

4.   Tanto o formulario como o relato deben enviarse ao mesmo tempo.

      Deberase comprobar que os datos do envío e do formulario coinciden.

5.   Para os menores de idade será necesaria unha autorización dos pais ou titores legais, que deberá adxuntarse tamén ao correo electrónico. Móstrase o modelo de      autorización no anexo.

     Non recibirán acuse de recibo nin se manterá correspondencia algunha cos concursantes.

IV. Establecense os seguintes premios:

•    Un primeiro premio dotado con 800 euros e un diploma.

•    Un segundo premio dotado con 500 euros e un diploma.

O xurado poderá declarar deserto o segundo premio ou ambos os dous, así como conceder premios ex aequo.

O xurado seleccionará tamén algúns relatos para publicalos nun volume, xunto cos dos ganadores, nun libro que editará a UNED.

V. O prazo de presentación de orixinais concluirá o 1 de marzo de 2023 ás  00:00 horas (horario peninsular español).

VI. O fallo do xurado e entrega de premios farase público durante os meses de maio ou xuño de 2023.

O xurado estará integrado polo decano da Facultade de Filoloxía da UNED, un autor de prestixio de literatura xuvenil e un profesor de literatura de ensino secundario.

A súa decisión será inapelable.

VII. A participación no concurso implica a total aceptación das bases e cesión de dereitos de reproducción e distribución para o volume que se editará de premiados e seleccionados.

A Universidade Nacional de Educación a Distancia garante o cumprimento da Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos de Carácter Persoal.

FORMULARIO

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es