Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A masonería no franquismo, a tratamento na UNED

14 de septiembre de 2022

O centro de UNED Calatayud organiza unha xornada de Historia Contemporánea aberta de balde a todos os interesados, na tarde do día 22 de setembro. Entre os relatores estará o director de UNED Ourense. Trataranse varios aspectos da masonería nos anos da dictadura.

OURENSE, 14  de setembro de 2022. Durante séculos, a sola mención da palabra “Masonería” xerou temor e recelo en gran parte da sociedade española. Demonizados e perseguidos, sobre todo durante o franquismo, os masóns foron acusados como autores de todo tipo de crímes e conspiracións contra a orde establecida. 

A sociedade española debateuse entre a fascinación e o medio polo segredo e o agochado ao longo dos séculos XVIII ao XX, xerando una serie de mitos sobre a masonería. Mitos alimentados, sobre todo, en réximes totalitarios como o franquista que o 1 de marzo de 1940 aprobou a Ley de Represión de la Masonería y del Comunismo, un dos instrumentos represivos máis eficaces da posguerra. Con este motivo, vaise desenvolver una xornada de Historia Contemporánea desde UNED Calatayud, na que intervirá, entre os relatores, o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz

Programa:

  • xoves, 22 de setembro
    • 17:30-17:45 h. Inauguración da Xornada
    • 17:45-18:15 h. Conferencia: Masóns e docentes. A represión franquista en Galicia: o caso de A Coruña, a cargo de Jesús Manuel García Díaz, Doutor en Historia pola Universidade de Vigo. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid
    • 18:15-18:45 h. Conferencia: Franco e a masonería, con Juan José Morales Ruiz, Doutor en Ciencias de la Información y exprofesor titor de Historia Contemporánea na UNED.
    • 18:45-20:00 h. Conferencia: Ser masón (a) hoxe. Unha experiencia de vida. Intervirán Txema Oleaga Zalvidea, Gran Maestro da Gran Loxia de España e Mar Sánchez Bergua, Gran Maestra da Gran Loxia Femenina de España.

Nesta xornada abordaranse diferentes aspectos sobre a masonería ao longo dun tan represivo como o da ditadura franquista. O acceso aos actos será libre, tanto presencialmente como a través de Internet. O acceso aos actos será libre, tanto presencialmente como mediante Internet. 

Desde Zoom, con este enlace e contrasinal, poderás seguir a xornada:

us06web.zoom.us/j/86443347321

ID de seminario web: 864 4334 7321

 

UNED Ourense

Comunicación 

 

 

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es