OURENSE, 27 de xuño de 2022. A UNED estrea no novo curso o mestrado en Ciencia Política: Análise Política, Políticas Públicas e Política Internacional. O programa está destinado especialmente aos graduados en Ciencias Políticas e Socioloxía e graduados de materias afíns pertencentes á área das Ciencias Sociais. O coñecemento do idioma inglés cun nivel B2 será un requisito obrigatorio.
O mestrado oriéntase á formación académica e investigadora no marco das sociedades democráticas avanzadas, interrelacionadas con outras no ámbito internacional europeo -ou noutros ámbitos rexionais, como o latinoamericano- e aberta ao proceso de globalización. Está pensado para os graduados en Ciencia Política, así como os doutros graos da ramas das Ciencias Sociais. Dada a natureza da UNED, tamén se orienta a satisfacer a demanda de reciclaxe e actualización periódica dos profesionais destas carreiras tras períodos de actividade profesional.
O programa consta dunha parte obrigatoria, xeral e común de carácter metodolóxico e fundamental (composta por tres materias) tras as que se propoñen catro itinerarios de subespecialización (compostos por cinco materias cada un). Os alumnos, tras realizar as materias obrigatorias poden elixir entre optar por un itinerario de subespecialización cursando a totalidade de cinco materias que compoñen o itinerario que elixan, ou cursar cinco materias pertencentes a máis dun itinerario de subespecialización. No primeiro suposto o seu título especificará esa subespecialización, no segundo non.
Esta diversificación da segunda parte do mestrado en catro itinerarios fai posible ofrecer un ensino e unha aprendizaxe moi especializada e á altura das esixencias tanto profesionais como de investigación que poidan ter os matriculados. No seu conxunto o deseño do mestrado garante unha oferta de ensinos versátil, unha especialización adaptada aos diversos campos de actuación dos especialistas en Ciencia Política e unha cualificación profesional acorde coas capacitacións profesionais requiridas nas nosas sociedades.
Así, os egresados poderán adquirir especialización en campos diversos como:
A parte inicial ou módulo obrigatorio de natureza metodolóxica inclúe tres materias con aproximacións a cuestións de metodoloxía, técnicas e deseño da investigación. Nestas partes específicas faise fincapé en que os estudantes utilicen técnicas avanzadas de investigación sociopolítica de carácter cuantitativo e cualitativo, e reciban formación en metodoloxía comparativa e de estudo de caso para traballar en calquera das áreas de subespecialización nas que se profundará a través da selección e estudo dun dos catro itinerarios de subespecialización optativos.
O módulo optativo está formado por catro itinerarios de subespecialización que agrupan cada un deles a cinco materias temática e sustantivamente relacionadas. Como se explicaba antes, o estudante pode elixir cursar un itinerario de subespecialización coas súas cinco materias ou elixir cinco materias procedentes de diferentes itinerarios.
Os itinerarios de subespecialización son: Política Comparada, Gobernanza e políticas públicas, Análise política e Política internacional. Estes itinerarios ofrecen unha formación moi específica e detallada, orientada á cualificación profesional e investigadora, adaptada aos diferentes perfís e saídas profesionais. A continuación, detállase a formación, habilidades e competencias que garanten a formación adecuada de cada un deses itinerarios de subespecialización.
Política Comparada
Estudo da relación entre violencia e poder na conformación e crise dos réximes políticos. Análise dos cambios experimentados polos Estados e polo seu papel no contexto de procesos de integración rexional, gobernos multinivel e globalización.
Análise da crise e desafíos aos que se enfronta a democracia representativa nos países occidentais, a democracia e o goberno de partidos.
Estudo do populismo, dos seus principios, actores e propostas políticas, como un dos maiores desafíos e alternativas á democracia e ao goberno contemporáneos. Estudo das políticas de memoria e de xustiza transicional en perspectiva comparada.
Gobernanza e políticas públicas
Análise comparativa das políticas públicas.
Estudo da intersección entre condutas cidadás e das políticas gobernamentais, do modo en que as segundas poden tomar en consideración as primeiras a fin de lograr exitosamente os seus obxectivos, e como as políticas públicas poden modificar comportamentos dos individuos.
Análise das políticas públicas sobre migración e da xestión política de sociedades multiculturais.
Análise das institucións e procesos do Estado Autonómico español en perspectiva comparada.
Análise das políticas sociais en España, dos seus cambios e dos desafíos aos que han de facer fronte.
Análise política
Estudo de metodoloxía cuantitativa avanzada para a análise do comportamento político.
Estudo dos efectos de valores, trazos da personalidade e actitudes sobre os comportamentos e opinións políticos.
Análise das campañas electorais, das súas fases, dos seus elementos e dos seus efectos.
Estudo da comunicación política, e dos novos desenvolvementos e cambios inducidos nela polo uso de novas tecnoloxías da comunicación e da información.
Análise electoral comparada, trazos principais do comportamento electoral nas sociedades democráticas contemporáneas, e estudo dos factores individuais e contextuais que inflúen sobre o voto.
Política internacional
Análise internacional, de seguridade, de intelixencia e de prospectiva.
Análise do proceso de integración europea, dos seus desafíos e das súas crises.
Análise do papel de Rusia e de China no actual marco de relacións internacionais.
Análise de relacións entre Estados Unidos-UE e do papel dos Estados Unidos e da UE na gobernanza global.
Análise dos desafíos para a seguridade e as relacións internacionais da situación e do contexto nos países do Mediterráneo e de Oriente Medio tras as Revoltas Árabes.
Criterios de admisión
Unha vez solicitada e revisada administrativamente a admisión, a Comisión atenderá aos seguintes criterios, tamñen dos requisitos que a UNED contemple:
O mestrado en Ciencia Política: análise política, políticas públicas e política internacional pódese cursar nun único curso académico, con cinco materias cursadas no primeiro semestre (tres obrigatorias e dous optativas), tres (optativas) no segundo semestre, e o Traballo Final de Mestrado que pode ser defendido en xuño ou setembro. Pero pode igualmente cursarse ao longo de varios cursos adaptándose ás circunstancias persoais do alumnado.
Duración
Desde o 19 de maio ata o 5 de xullo estará aberto o período de preinscrición dos mestrados na UNED. Durante ese período as persoas interesadas en cursar este mestrado haberán de realizar a solicitude de preinscricpión en liña. Posteriormente comunicarase a listaxe de admitidos/as e, entón, poderase realizar a matriculación propiamente dita. Como no resto de mestrados da UNED, nos últimos días de setembro o alumnado recibirá as primeiras comunicacións e indicacións, e nos primeiros días de outubro, comezarán os ensinos formalmente.
Contactos de interese
Para cuestións de tipo académico: Luis Ramiro: lramiro@poli.uned.es
Rubén Ruiz-Ramas: ruben.ruiz@poli.uned.es
Para cuestións de tipo administrativo: polisoci.posgradosoficiales@adm.uned.es
UNED Ourense
Comunicación