OURENSE, 20 de xuño de 2022. Os 61 directores dos centros que a UNED ten en todo o territorio español celebraron a súa reunión anual en Palma de Mallorca, co motivo este ano de cumprirse o 50 aniversario da UNED. Neste encontro quedou reafirmada a importancia que os centros asociados teñen para a UNED, pois tanta é que sin eles esta universidade sería outra cosa. Foi o propio reitor, Ricardo Mairal, quen sinalou que "a fortaleza da UNED reside nos seus centros asociados". Na convocatoria de exames presenciais do pasado febreiro “a Universidade mantivose firme. Os principios fundacionais da UNED non se discuten. Non vou consentir que se poña en quebra o modelo de universidade que temos, que se falte ao respecto a tantas e tantas persoas. A UNED reaccionou con solvencia e un admirable compromiso profesional".
O reitor informou da importancia que os centros asociados teñen nesta etapa que están vivindo de modernización con novas funcionalidades, novas competencias. Trátase, dixo "de unha vocación de servizo público que só pode entenderse grazas á nosa rede de centros en España e o resto do mundo, ao apoio constante e en continua evolución da Tecnoloxía e á vontade, que xa forma parte do noso ADN, de devolver á sociedade gran parte do que recibimos dela a través da investigación e de unha transferencia de resultados real e enfocada a construir un mundo mellor, máis
xusto e máis solidario”.
Mairal dixo a todos os directores da UNED que defende a “cultura do corazón que nos une, nunha universidade que repara na condición humana. Desenvolver a concordia na universidade do século XXI. Vivimos unhos tempos complicados, tres anos cunha situación sobrevinda, pero esta universidade reaccionou con valentía, con solvencia mostrando un admirable talante universitario”.
Nesta reunión nacional celebrada na illa maior das Baleares tratáronse numerosos aspectos tanto da UNED como da vida diaria dos centros asociados cara o comezo do próximo curso. Aspectos que se abordaron en varias sesións intensas mantidas na sede de UNED Illes Balears.
Estas xornadas nacionais comezaron cunha recepción oficial no Castelo de Bellver. Aló, tanto o reitor, Ricardo Mairal Usón como a vicerreitora Primeira, Rosa María Martín Aranda; o vicerreitor de Centros Asociados, Jesús de Andrés; o vicerreitor de Profesorado, Miguel Miguens; a vicerreitora de Economía, Amelia Pérez Zabaleta; a vicerreitora de Tecnoloxía, María del Rocío Muñoz Mansilla; o vicerreitor de Estudantes, Alberto Mingo Álvarez; a secretaria xeral, Rebeca de Juan Díaz e os 61 directores da UNED, (entre eles o de Ourense, Jesús Manuel García Díaz), foron recibidos por Francina Armengol, presidenta do Goberno das Illas Balears; Catalina Cladera, presidenta do Consell de Mallorca; Vicenç Thomas, presidente do Parlamento de Baleares; Aína Calvo, delegada do Goberno; Miquel Ángel Maria Ballester, vicepresidente e conselleiro de Cultura, Consello de Menorca; Andreu Serra, Conseller de Transición, Turismo e Deportes, Consell de Mallorca; Ramón Morey, secretario xeral Delegación do Goberno; Raúl Izquierdo, delegado de Sanidade; Antoni Noguera, tenente de alcalde de Cultura; Fernando Luis Gracia, comandante xeral de Baleares; Jesús Lanza, delegado de Defensa; Dámaso Berenguer, comandante sector naval de Baleares; Gonzalo Espino, xefe superior de Policía de Baleares; Pedro Vicente Monleón Liberos, comandante en representación do comandante da Garda Civil así como outros invitados como Jesús Luna, presidente do CERMI Illes Balears e de FOQUA (programa discapacitados UNED); o ourensán Francisco José Baldonedo Iglesias, director do Centro Penitenciario de Mallorca (programa centros penitenciarios UNED); Francisco Martorell, presidente de ASIMA; Martín Rivas, director xeral de Endesa en Baleares e Josep Roquer, director Ser Baleares.
O reitor agradeceu ás autoridades a súa presenza nun día no que “tamén celebramos que a UNED leva cinco décadas traballando pola inclusión, a igualdade de oportunidades e a universalización dunha Educación Superior de calidade que non entenda de fronteiras”.
A anfitriona deste encontro nacional de directores da UNED foi a tamen ourensá Judith Vega Avelaira, directora de UNED Illes Balears, quen xunto ao seu equipo organizou unhas xornadas que mereceron o aplauso e parabéns dos asistentes.
O encontro comezou na tarde do mércores e prolongouse con reunións académicas o xoves todo o día
e o venres pola mañá, deixando a tarde para a visita institucional dos directores á sede do Parlament de Baleares, onde foron recibidos polo seu presidente. Este acto incluiu unha visita guiada a este singular edificio que noutro tempo acolleu a sede do Círculo Mallorquín desde a súa construción a mediados do sséculo XIX, en pleno casco histórico de Palma.
Foi un encontro non exento de emotividade xa que coincidiu co medio século de vida da universidade pública semipresencial máis grande de España, na que ao longo de todos estes anos tratáronse tres millóns de expedientes de estudantes. Todas as autoridades que interviron na recepción desexaron molts anys més de servizo á nosa universidade.
Recibimento np salón de sesións do Parlament das Illas Baleares polo seu presidente Vicenç Thomas.
Consello do Campus Noroeste da UNED
Os 14 directores que a UNED ten á fronte dos centros asociados no Campus Noroeste, que inclúe Galicia, Asturias, Castela e León así como Extremadura, tiveran previamente un consello de Campus o lune, 13 e o martes 14, celebrado na cidade de Segovia. Foron dúas xornadas de reunións intensas para ultimar detalles referentes ao inicio do novo curso académico no Campus, desde o calendario académico ata aspectos tecnolóxicos varios que son propios de unha universidade punteira neste eido desde a súa fundación fai agora 50 anos.
Foto de familia coa alcaldesa de Segovia, Clara Martín no Salón Isabelino da sede municipal da capital castelá leonesa.
Os directores do Campus Noroeste foron recibidos na mañá do martes 14 pola alcaldesa de Segovia, Clara Martín na sede municipal, e posteriormente na Deputación Provincial de Segovia polo seu presidente, Miguel Ángel de Vicente Martín.
O presidente da Deputación segoviana, posou co reitor, vicerreitores, directores e secretarios dos catorce centros da UNED no Campus Noroeste.
Nesta ocasión a anfitriona foi a directora de UNED Segovia, Mariló Reina Paz. Tanto ela como o seu equipo acolleron a todos os participantes dun modo loable. Foi un encontro para compartir experiencias e seguir planificando as futuras liñas de traballo no Campus Noroeste da UNED. A Segovia acudiron o reitor, Ricardo Mairal Usón e os vicerreitores de Economía, Amelia Pérez Zabaleta e Centros Asociados, Jesús de Andrés. Xunto a eles, os directores e secretarios de UNED A Coruña, UNED Lugo, UNED Pontevedra, UNED Ourense; UNED Asturias, UNED Ponferrada, UNED Zamora; UNED Palencia; UNED Burgos, UNED Plasencia; UNED Mérida; UNED Soria y UNED Ávila. Igualmente estaba o coordinador Económico do Campus, Alfonso Vázquez Reboredo e os representantes de Profesores Titores do Campus, Jesús Gil de Juana; do PAS, José Manuel Dapena Varela y de Estudantes, Juan Conesa Arias.
Así terminaba unha intensa semana de traballo moi produtiva para continuar coa actividade diaria en todos e cada ún dos un dos centros universitarios que a UNED ten en todos os recunchos do territorio nacional e que tanto facilitan o acceso da sociedade aos estudos superiores, coidando en todo momento a igualdade de oportunidades para todos.
UNED Ourense
Comunicación