Os estudantes da UNED Senior escollen os contidos do novo curso
3 de junio de 2022
A todos se lles presenta unha oferta de 21 materias sobre os máis variados temas e teñen de prazo ata o día 10 de xuño para configurar o contido do próximo ano académico elixindo oito propostas.
OURENSE; 3 de xuño de 2022. Os estudantes da UNED Sénior teñen 21 propostas de materias a escoller de modo que, para o curso 2022-23 e por votación deles, queden con oito. A oferta é ampla. UNED Ourense ten aberto o período de inscrición para cantas persoas, tendo máis de 55 anos, desexen enrolarse neste programa formativo para maiores, que vén desenvolvendo na nosa universidade desde hai varios anos. As clases impártense dúas tardes á semana nunha aula do Centro Cultural Marcos Valcárcel. O ambiente é agradable pois os participantes acoden polo pracer de saber máis. Son clases vivas nas que os estudantes participan. Os docentes esforzáronse en preparar as súas propostas, todas cheas de interese que versan sobre aspectos variados. Agora serán vos alumnos Senior quen decida con que oito materias quedar para gozalas durante o próximo ano académico.
Oferta de materias para el curso 2022-23
- Economía para non economistas, con Raúl González Castro.
- Ciclo de historia da arte. Arte barroca española. Con Ángel Domínguez López.
- Historia da Medicina, con Álvaro de Castro Palomares.
- Galicia en imaxes. Coñecendo o mellor e diferente da nosa comunidade. A cargo de Begoña Cádiz Rilo.
- O nuovissimo cinema italiano, con Simone Saibene.
- Filosofía contemporánea (II), a cargo de Miguel Guerra Rodríguez.
- Aproximación á filosofía española, con Miguel Guerra Rodríguez.
- Érase unha vez a vida: nutrición, saúde e enfermidade, con Fabio Tabarés Santalices.
- Construir unha ollada crítica sobre os medios de comunicación. Con Sonia Torre Delgado.
- Gaia, un planeta que agoniza (II), a cargo de Fabio Tabarés Santalices.
- Emigración a Europa: a historia que non se conta, con Sonia Torre Delgado.
- Historia da arte e patrimonio artístico, con Felisindo González Iglesias.
- A intelixencia emocional, con Esther López López.
- Introdución á Historia da Arte (I), con Verónica Conde Cerreda.
- Introdución á Historia da Arte (II), con Verónica Conde Cerreda.
- Castelao. Unha aproximación á sua obra artística, a cargo de Verónica Conde Cerreda.
- Xenética e saúde. Introdución á xenética médica e á medicina personalizada, con Julio Rodríguez López.
- Crímenes sen resolver, con Alejandra Fernández González.
- Nutrición e saúde, con Dolores Pérez Pérez.
- O Camiño mozárabe ao seu paso por Ourense. O camiño de volta, a cargo de César Pichel Rodríguez.
- A rehabilitación de vivendas en Galicia, axudas y subvencións, con César Pichel Rodríguez.
- Bases para a prevención e coidado da saúde. A docente é María Elena López Pérez.
UNED Ourense
Comunicación