OURENSE, 20 de maio de 2022. A UNED colabora cunha xornada xurídica sobre resolución de casos prácticos no ámbito policial que organiza o Sindicato Unificado de Policía (SUP) en Ourense. Esta xornada celebrarase no salón da Comisaría da cidade o día 30 b de maio desde as 10.00 horas durante toda a mañá.
Os relatores serán Antonio Piña Alonso, maxistrado e presidente da Audiencia Provincial de Ourense, e Miguel Ángel Ruiz Sanz, fiscal coordinador provincial contra delitos informáticos, económicos e tráfico de drogas. Piña falará sobre a resolución de casos prácticos policiais desde a perspectiva xudicial e Ruiz fará o mesmo, desde a óptica da fiscalía.
Roberto González Rodríguez, (dereita na imaxe), secretario da Federación galega do SUP, sinala que “non noso traballo diario, en certas ocasións, xurden diferentes dúbidas á hora de interpretar a norma e os policías atopámonos en situación de inseguridade xurídica porque non existen uns criterios unánimes á hora de levar a cabo as nosas actuacións. Isto viuse agravado na época de pandemia e vemos que a día de hoxe hai un compañeiro que se atopa sendo investigado e xa se abriu a fase de xuízo oral por unha entrada ilegal nun domicilio. É unha das circunstancias que nos preocupa e que nos moveu a organizar esta xornada que sirva de punto de encontro co mundo da Xustiza para aclarar dúbidas”. Por iso é polo que decidiron organizar unha xornada aberta como esta “sen que houbese un único tema, que sexa unha sesión naque os propios matriculados sexan os protagonistas da mesma. Que sexan eles quenes transmitan as súas dúbidas e que a temática da xornada vaia arredor deses supostos prácticos que prantexan os compañeiros. Trátase de recoller a esencia e aproveitar ao máximo posible ou tempo”.
“Esas cuestións vánselles achegar aos relatores, de feito xa lles fixemos chegar a primeira remesa ao maxistrado presidente da Audiencia e ao fiscal que tamén estará presente”, di González..
A capacidade presencial do salón da Comisaría de Ourense é de 50 asistentes. Xa se matricularon 40 presenciais e 200, que seguirán a sesión en liña.
Esta sesión está destinada para os policías nacionais da Comisaría de Ourense así como para a Policía Autonómica. “ Tamén se abriron para os policías nacionais que son de Ourense e que están nalgunha outra comisaría, porque somos os que máis traballamos a diario co xuíz e co fiscal”, apunta González Rodriguez.
O SUP en Ourense ten esta e outras xornadas organizadas e seguirá contando coa UNED para deseñar novos plans formativos. “Agradecemos á UNED a súa colaboración para darlle esa visión de máis empaquetado universitario”, sinala o secretario galego do SUP.
Antonio Pousa García, (esquerda na imaxe), secretario provincial do SUP en Ourense resalta que esta sesión do día 30 organízase en dúas vertentes: “a primeira, como di Roberto, é aclarar conceptos e tentar retomar esa formación e ter a relatoras con certa garantía xurídica como os elixidos. E doutra banda, tamén tratar de axuntar criterios á hora de elaborar os informes policiais, os atestados, que van dirixidos á autoridade xudicial e á fiscalía para limar na medida do posible eses defectos de forma, de fondo que se poidan dar nos atestados e que conclúan coa condena daquelas persoas que cometeron algún tipo de delito”.
Para participar nesta xornada hai que matricularse de forma gratuíta. Para iso hai que dirixirse á seguinte dirección de correo electrónico: galicia@sup.es .Os certificados de participación expenderaos a UNED.
UNED Ourense
Comunicación