Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Jesús Manuel García:  "Entendemos a comunicación de UNED Ourense como un activo estratéxico concreto"

13 de mayo de 2022

O director de UNED Ourense participou xunto aos de Ponferrada, Lugo, Barcelona e Segovia e o coordenador de Extensión Universitaria de Pontevedra nas primeiras Xornadas de Networking, Marqueting e Comunicación da nosa Universidade, celebradas en Madrid.

OURENSE, 13 de maio de 2022. A UNED celebrou as Primeiras Xornadas de Networking, Marketing e Comunicación organizadas pola Dirección de Comunicación da nosa Universidade. Entre os relatores estaban os directores de UNED Lugo, Ana Traseira; UNED Ponferrada, Jorge Vega; UNED Segovia, Mariló Reina, UNED Ourense, Jesús Manuel García máis o xerente de UNED Barcelona, Isidre Sierra i Fusté e o coordinador de Extensión Universitaria de UNED Pontevedra, Rafael Cotelo. Cada un foi expoñendo algún aspecto que se constitúe en trazo diferenciador do seu respectivo centro. Ana Traseira expuxo o compromiso que teñen en Lugo cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS); Marílo Reina falou de como organiza o márketing e a comunicación en Segovia; Isidre Sierra contou como favorecen o mellor coñecemento da UNED en Barcelona e os seus centros de arredores mentres Jorge Vega contou que é unha cátedra UNED centrándose na que con éxito funciona en Ponferrada, dedicada ao turismo e ao desenvolvemento sostible. Rafael Cotelo explicou o secreto para facer tantos cursos de extensión universitaria en Pontevedra: "traballo, traballo e traballo". 

Desde Ourense, Jesús Manuel García interveu para explicar algúns detalles do protocolo de Comunicación que ten UNED Ourense desde o ano 2018 e que está consolidado no centro. "Aquí tivemos claro desde o primeiro día que se necesitaba ordenar, organizar a comunicación para evitar ruídos. Por iso ideamos un protocolo de comunicación que vai máis aló das redes e da web. E que está en sintonía coa Dirección de Comunicación da UNED, que é posterior ao protocolo ourensán, e este coida tres aspectos moi importantes: a comunicación interna, a comunicación externa e a comunicación de crise. A nosa comunicación externa é a máis forte no sentido de que é a nosa proxección social na provincia. Para iso valémonos da prensa, da web, (que ofrece servizos e noticias, crónicas, entrevistas, información redactada, e que se actualiza con moita frecuencia), as redes sociais, o programa Que é a UNED, que levamos a centros escolares, a municipios e a diversos colectivos, como faremos en xuño cos veciños de O Carballiño e de Celanova. Entendemos a comunicación de UNED Ourense como un activo estratéxico concreto que se mide en diferentes termos como a satisfacción da comunidade universitaria, a súa reputación etc. E temos moi claro que somos parte dunha estrutura maior, a UNED, e manter e enriquecer a comunicación corporativa é algo innegociable". O director ourensán expuxo, entre outros moitos detalles, que "tamén somos disruptivos, no sentido de que queremos saír da nosa zona de confort e ir incrementando campos de acción na nosa comunicación con novas iniciativas que nos distingan. Niso estamos".

 Engadiu que o plan de comunicación de UNED Ourense está á altura da mellor comunicación institucional que se poida facer noutras institucións do territorio ourensán "e baséase en principios de comportamento ético, baséase na transparencia, proximidade co noso público e provedores e nun forte compromiso social desta Universidade con Ourense, que se mantén felizmente desde hai 30 anos". Indicou que manter a comunicación en UNED Ourense "non ten data nin horario. Non ten descanso, pois se produce en calquera momento, de luns a domingo, e a calquera hora". Esta primeira Xornada da UNED celebrouse en Madrid e tivo alcance nacional, para toda a Universidade. Son moitas as boas accións que se desenvolven nesta institución.

O director ourensán foi convidado á mesa redonda deste venres precisamente por ter tamén a característica de ser un veterán profesional xornalista con case 30 anos de experiencia en comunicación. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es