OURENSE, 12 de maio de 2022. A segunda xornada do curso que sobre as Fake News está a celebrar a UNED en Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel tivo dous temas de gran interese, por unha banda, as noticias falsas como arma política nas redes sociais, e por outro, o xornalismo, as redes sociais, ciencia e verdade. O primeiro dos temas defendeuno Uxía Carral Vilar, doutoranda e docente no Departamento de Comunicación na Universidade Carlos III de Madrid, membro-investigadora da Cátedra Jean Monnet “ EU, Disinformation & Fake news”. Para falar das noticias falsas como arma política nas redes sociais, Carral comezou referíndose ao nacemento das noticias falsas moito antes da era dixital, pois no século VIII antes de Cristo aparece o Cabalo de Troia na Odisea de Homero; no século VI antes de Cristo aparece Sun Tzu dicindo que a arte da guerra baséase no engano; en 1949 no Dicionario da Lingua Rusa aparece a palabra dezinformatsia e así chegamos a 2016 coa elección de Donald Trump como presidente dos Estados Unidos. Uxía pregunta se a xornalistas e a políticos rompéuselles o amor de tanto usalo. Os políticos nas redes sociais “deseñan un escenario de difusión sen contrastación informativa, priorizan a súa meta de convencer avivando debates interesados e crean círculos de apoio, defensa e promoción da súa ideoloxía”. “É máis fácil mentir nas redes sociais? A reputación dun personaxe público depende dos seus perfís. A mentira deriva en crise que é igual a polarización; a crise en intolerancia e a polarización en vulnerabilidade”, explica a relatora.
Por que mentimos nas redes? A resposta a esta pregunta, dinos Uxía Carral, está no uso dun perfil falso, que reporta protección e desinhibición, e no uso dun perfil verdadeiro actuando pola presión dos círculos sociais. A conferenciante falou dos populismos, cuxo obxectivo non é outro que romper para recompoñer. O seu punto de inflexión son as transformacións sociais e a súa ferramenta, os xogos da linguaxe para crear unha narrativa. Os populismos mostran o binomio poboo versus outros, personalízanse no líder ou lideresa; teñen unha dobre identificación da emotividade, dun lado negativa: indignación e culpabilidade ao inimigo, e doutro, positiva: valores populistas para un futuro esperanzador.
Sinala Carral dous motivos que esconden os xogos da linguaxe no populismo:
Ao falar da distribución de noticias falsas en dous pasos, Uxía Carral sinalou a adaptación aos medios dixitais dos principios de Goebbels: simplificación, esaxeración, vulgarización, repetición, renovación, descontextualización, estereotipación… todo para “captar a atención do usuario e involucralo no debate. E converter ese engagement en viralización da mensaxe con alta participación da audiencia (likes, comentarios e retweets) máis haters, mís granxas de bots, o que converten os temas populistas en tendenza. E os sesgos cognitivos de cada usuario (de confirmación, de efecto vagón, efecto ancoraxe, etc). Para traspoñer o relato populista ao offline e introducirse na axenda dos medios”. Ao analizar o rédito político das redes a autora do relatorio expón que os populismos sacan o maior rendemento electoral porque asolagan as redes con contido falso para impoñer o seu relato nos medios e na opinión pública, e alteran o algoritmo das redes sociais para cambiar o marco cognitivo de potenciais votantes. Así sinala que a política busca denigrar ao rival político, persuadir o voto por un candidato e desincentivar electoralmente. “Recae na propia audiencia a decisión de favorecer ou deter o fluxo de desinformación que circula nas redes sociais”.
O curso finalizou co relatorio de Jesús Zamora Bonilla, catedrático de Lóxica e Filosofía da Ciencia e decano da Facultade de Filosofía da UNED, quen ofreceu o relatorio: Xornalismo, redes sociais, ciencia e verdade. Sobre a circulación social do coñecemento. Comezou salientando que o coñecemento e a información son bens esenciais no funcionamento de calquera sociedade, como sostiña William Buckley (Inglaterra, 1780- Melbourne, 1856). “Todos os animais necesitan coñecemento. Unha representación fiable da contorna e das consecuencias esperables de certas situacións e accións”, indicou para sinalar as peculiaridades do coñecemento no caso dos seres humanos:
En canto á avaliación das razóns doutros, o relator di que non hai rumbo pois a xente acepta razóns que sexan mesmo desafiantes, se son suficientemente fortes. E no que ao seu control de calidade respecta, descríbese coa palabra esixentes, pois ás persoas só convéncellas con razóns suficientemente boas.
O relator falou da influencia das tecnoloxías na transmisión de información, desde as táboas de escritura cuneiforme ata os escritorios monacais medievais, pasando pola invención da imprenta e logo a da radio. Pero aínda que é certo que a nova tecnoloxía abre un novo campo de posibilidades, supón á vez un novo conxunto de problemas. Así pois, pregúntase Zamora Bonilla como verificar a fiabilidade da información que se transmite. E mencionou as institucións informacionais:
“En xeral, o principal mecanismo de control de calidade epistémica é a reputación social. Un abuso da transmisión de información falsa adoita danar irreparablemente a reputación”, declarou Jesús Zamora. O catedrático da UNED pregúntase cal é o destino da verdade na era das redes sociais nas que se dá o que el denomina un triángulo infernal cos seus lados chamados información, ideoloxía e entretemento. Explica que toleramos unha fracción maior de información falsa e de información sesgada ideolóxicamente, en parte porque non nola tomamos demasiado en serio. E nas redes sociais moitos emisores de información tampouco necesitan ter unha sólida reputación como informantes fiables. Hai un menor peso dos medios tradicionais”. Acerca de se todo isto constitúe unha traxedia, o relator advirte que é improbable que a información veraz e comprobable sobre o que de verdade importa á xente vaia desaparecer. O info-ideo-tainment centrarase sobre todo, como sempre, en asuntos sobre os que non hai un modo razoable de chegar a un consenso acerca da verdade. Seguramente se gañará experiencia sobre como funciona unha sociedade na que a información circula sobre todo en redes sociais. Quizá outros perigos sexan máis graves e reais como a perda de privacidade, acoso, linchamento…”
O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García, expresou o seu agradecemento aos catro relatores e tamén aos participantes tanto no salón de actos como aos que seguiron as sesións por internet. Agradeceu de novo á Deputación a cesión do salón de actos do Marcos Valcárcel e salientou a importancia que a comunicación ten para UNED Ourense: "este curso é de comunicación, como o que celebramos, e haberá máis. No noso centro non só coidamos a comunicación senón que é algo así como a nena dos nosos ollos: mimámola i é un rasgo que nos diferencia".
UNED Ourense
Comunicación