Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Obradoiro de iniciación á gravación audiovisual 

20 de abril de 2022

A UNED organiza esta actividade os días 13 e 14 de maio na súa Aula de Extensión de Valdeorras

OURENSE, 20 de abril de 2022. UNED Ourense ofrece un obradoiro de iniciación á gravación audiovisual que se vai a celebrar os días 13 e 14 de maio na Aula de Valdeorras. Neste taller de iniciación á gravación ensinarase a manexar as ferramentas básicas da linguaxe audiovisual. O matriculado aprenderá a manexar a súa cámara e a montar as súas propias gravacións. Aspectos e conceptos básicos da montaxe que nos poden axudar tanto a nivel persoal como laboral. Vemos gravacións audiovisuais en determinados programas de televisión e en eventos de todo tipo. Neste obradoiro ofrécese ao participante a oportunidade de montar os seus propios vídeos para promocionar o seu negocio a nivel laboral, para montaxes domésticas e lúdicas, etc. A gravación audiovisual pode ser o resultado da combinación de varias necesidades: industriais, comerciais, de entretemento, culturais ou artísticas.

Debido á importancia hoxe en día das redes sociais, un taller centrado no proceso de gravación e no modo de organizalo pode ser primordial para o éxito ou fracaso dun negocio. Durante dous días (13 e 14 de maio) e nun total de 10 horas, con parte teórica e práctica, os matriculados poderán elaborar a súa propia gravación. Incorporar unha parte audiovisual a un negocio denota unha imaxe dinámica, seriada e progresiva, o que incrementa o valor do traballo de todo o equipo.

A primeira parte, que consta de 5 horas, inclúe estes temas: Coñecemento da cámara. A linguaxe audiovisual; guión literario versus técnico, conceptos básicos da rodaxe e unha primeira práctica que será un primeiro contacto coa cámara.

A segunda parte, tamén de 5 horas, estará dedicada a coñecer o son e a iluminación cunha práctica que consistirá en poñer a proba todo o aprendido ata ese momento. Tamén se dedicará un tempo á montaxe e ao traballo na edición. Este taller está deseñado para cámaras DSLR e Adobe Premiere, aínda que todas as persoas interesadas en vídeo ou montaxe audiovisual poden asistir dado que os conceptos básicos valen para calquera dispositivo e software de edición. Os participantes van necesitar cámara e, se é posible, trípode. As prazas son limitadas. O taller será en liña e presencial. A matrícula custa 25 euros e farase a través desta ligazón. A docente deste curso é Estela Barone López Carracedo, graduada en Comunicación Audiovisual e Multimedia + Artes Escénicas e Mediáticas.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es