OURENSE, 23 de marzo de 2022. A seguridade internacional do século XXI é un campo no ámbito dos estudos e a investigación sobre a seguridade e a defensa que experimentou un desenvolvemento moi notable nestes últimos anos. Desde unha perspectiva multidisciplinar esta actividade formativa tenta ofrecer diversas claves para comprender a multidimensionalidade da seguridade nos nosos días. Por iso UNED Ourense organizou esta actividade baixo o título: Seguridade e conflitos no século XXI: Ucraína, que se desenvolverá do 19 ao 28 de abril nas súas instalacións.
Este curso consta de 10 horas lectivas e dá dereito a obter 0,5 créditos ECTS. En canto á asistencia, esta será en liña en directo ou en diferido.
Programa
martes, 19 de abril
16:45-17:00 h. Presentación do curso. Participarán Julio Prada Rodríguez, profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo e Profesor-Titor de UNED Ourense, e José Luis Calvo Albero, coronel do Exército de Terra, director da División de Coordinación e Estudos Secretaría Xeneral de Política de Defensa-Ministerio de Defensa.
17:00-19:30 h. Guerra híbrida e zona gris. O punto de vista militar. Con José Luis Calvo Albero.
xoves, 21 de abril
17:00-19:30 h. O renacemento das tensións xeopolíticas: China, USA e Rusia. O relator será José María Pardo de Santayana e Gómez de Olea, coronel do Exército-Instituto Español de Estudos Estratéxicos.
martes, 26 de abril
17:00-19:30 h.
Ese día intervirá Federico Aznar Fernández-Montesinos, capitán de Fragata-Instituto Español de Estudos Estratéxicos, Doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía (UCM). Falará sobre A guerra da percepción. Desinformación, influencia e propaganda.
xoves, 28 de abril
17:00-19:30 h. Un conflito ou unha situación de tensión actualmente activa: Ucraína. Este tema será desenvolvido por Ramón Liaño Nuñez, capitán de Navío-División de Coordinación e Estudos da Secretaría Xeral de Política de Defensa.
Asistencia en liña en directo ou en diferido. A matrícula ten un prezo de 25 euros. Pódese formalizar aquí.
Os obxectivos deste curso son:
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible:
Esta actividade encaixa co ODS nº 16.
UNED Ourense
Comunicación