OURENSE, 1 de marzo de 2022. A Lingua de Signos Española (LSE) é a natural das persoas xordas e xordocegas. É unha lingua viso-xestual con contidos gramaticais e lingüísticos propios, recoñecida como lingua na Lei 27/2007 aprobada o 23 de octubro de 2007. A nosa sociedade cada vez está máis sensibilizada con este colectivo e coas barreiras de comunicación existentes entre as persoas xordas e ouvintes, crecendo así, o interese en aprender Lingua de Signos, xa sexa por motivos laborais, familiares, educativos ou por simple curiosidade. A finalidade deste curso é que o alumnado teña un primeiro contacto coa LSE, que adquira contido e ferramentas básicas necesarias para poder compensar as diferencias lingüísticas entre a lingua oral e a de signos e que poda manter con certa fluidez, conversacións básicas sobre cuestións da vida cotiá. Para elo se celebrará presencialmente do 11 de marzo ao 22 de abril de 2022, en horario de 17:30 a 20:00 horas nas instalacións de UNED Ourense. Consta de 30 horas lectivas e a matrícula da dereito a obtener 1,5 créditos ECTS. En todas as sesións a dolcente vai ser a intérprete de signos Laura Vila Fernández.
Programa
Contidos: A Lingua de Signos - Saúdos e despedidas. - Presentación. - Números i edade.
Aspectos gramaticais traballados: Como se signa? Uso do espazo e aspectos gramaticais básicos. Dactilolóxico e números. Verbos ser e estar. Tempos verbais. Partículas interrogativas. Adverbios: si e non. Persoas xordas: signo persoal.
Actividades: Saudámonos. Presentámonos. A nosa idade e data de nacemento. Despedímonos.
Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.
Contidos: Persoa Xorda, persoa xordocega e persoa con discapacidade auditiva. Descrición física. Caracteres e sentimentos. Cidades e comunidades autónomas I.
Aspectos gramaticais traballados: Cómo se signa? Uso do espazo e aspectos gramaticais básicos. Dactilolóxico e números. Verbos ser e estar. Tempos verbais. Partículas interrogativas. Adverbios: si e non. Persoas xordas: signo persoal.
Actividades: Signamos sobre nós e sobre outras persoas. Describímonos e describimos aos nosos compañeiros. Adiviñamos caracteres e sentimientos. Aprendemos a nosa Comunidade Autónoma. Provincias e cidades importantes.
Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.
Contidos: Comunidade Xorda. Tipos de Xordera. Familia. Hora. Posesivos.
Aspectos gramaticais traballados: Signos igual e diferente. Xénero. Verbos haber e ter. Tamaño. Posesivos.
Actividades: Gramática da Lingua de Signos. Fálame da túa familia. Explica a túa rutina diaria.
Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.
Contidos: Clasificadores. Casa. Accións. Cores.
Aspectos gramaticais traballados: Signos igual e diferente. Verbos haber e ter. Tamaño. Posesivos.
Actividades: Facemos planos dunha casa. Explica as túas vacacións. Describimos obxectos.
Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.
Contidos: Traballo e empreo. Educación. Accións II.
Aspectos gramaticais traballados: Articulación do signo. Singular e plural. Negación. Oracións enunciativas.
Actividades: Fala sobre o teu traballo. Describe o teu traballo ideal. Que estudos tes? Que estudos che gustaría realizar?
Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.
Contidos: Axudas técnicas auditivas. ILSE, GILSE. Discapacidade e tecnoloxía. Cortesía. Adverbios de lugar e cantidade.
Aspectos gramaticais traballados: Articulación do signo. Singular e plural. Adverbios de lugar e cantidade. Negación. Oracións enunciativas.
Actividades: Aprendemos as advantaxes e desvantaxes das novas tecnoloxías no mundo das discapacidades. Tipos de barreiras. Indicamos lugares próximos e lonxanos. Asistimos a unha reunión empresarial. Formas protocolarias en Lingua de Signos.
Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.
Contidos: Días da semana. Meses do ano. Tempo e estaciones.
Aspectos gramaticais traballados: Uso do espazo. Demostrativos. Clasificadores. Singular e plural. Tipos. Verbos auxiliares. Exclamacións.
Actividades: Realizamos un horario escolar. Identificamos estacións e os meses que lle corresponden. Planificamos un ano sabático.
Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.
Contidos: Expresión corporal. Compras. Saúde. Roupa.
Aspectos gramaticais traballados: Uso do espazo. Demostrativos. Clasificadores. Singular e plural. Tipos. Verbos auxiliares. Exclamacións.
Actividades: Pedimos disculpas. Pedimos un favor. Temos unha cita médica. Ímonos de rebaixas.
Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.
Contidos: Comidas e bebidas. Novas tecnoloxías. Redes sociais.
Aspectos gramaticais traballados: Expresión facial. Signos monomanuais e bimanuais. Uso dos clasificadores.
Actividades: Signamos sobre os nosos gustos. Expresamos os nosos desexos. Preparamos un menú. Comentamos o uso de aplicacións e redes sociais.
Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.
Contidos: Obxectos da casa. Adxectivos. Adverbios de modo.
Aspectos gramaticais traballados: Expresión facial. Signos monomanuais e bimanuais. Uso dos clasificadores. Adxectivos. Adverbios.
Actividades: Deseñamos a nosa casa de ensoño. Describimos casas de famosos. Vexo-Vexo. Adiviñamos obxectos pola súa descripción.
Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.
Contidos: Transporte. Lugares. Natureza. Cidades e comunidades autónomas II. Partículas interrogativas.
Aspectos gramaticais traballados: Expresión corporal. Tipos de clasificadores. Oracións coordinadas copulativas. Pausas.
Actividades: Medios de transporte da nosa cidade. Como podo desprazarme por España. Compramos billetes. Expresamos acordo e desacordo.
Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.
Contidos: Lecer e viaxes. Cidades e países turísticos. Adverbios de tempo e lugar.
Aspectos gramaticais traballados: Expresión corporal. Tipos de clasificadores. Pasado, presente e futuro. Oracións coordinadas copulativas. Pausas.
Actividades: Planifica as túas vacacións. Opinamos sobre diferentes temas de actualidade. Compartimos experiencias sobre lugares visitados. Realiza unha visita guiada da túa cidade a un grupo de turistas.
Afianzamos: Resolución de dúbidas e breve repaso.
As prazas están limitadas a 20 e o curso foi declarado de interese sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
A matrícula custa 40 euros.
Este curso está dirixido por Genoveva del Carmen Levi Orta, profesora do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Didácticas Especiais da UNED. Está coordinado por Jesús Alberto Carballo Bouzas, licenciado en Psicoloxía e Profesor Tutor de Psicoloxía en UNED Ourense.
Matricúlate aquí.
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible
Esta actividade impacta nos seguintes ODS: 3, 4, 5 y 10.
UNED Ourense
Comunicación