Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED investirá a Mariano Barbacid como novo Doutor Honoris Causa

18 de febrero de 2022

O solemne acto, con motivo da celebración do día do patrón Santo Tomás de Aquino, terá lugar o luns 21 de febreiro ás 11.30 horas e poderase seguir en liña

OURENSE, 18 de febreiro de 2022. O luns 21 de febrero, a UNED recibirá como novo Doutor Honoris Causa ao científico español Mariano Barbacid Motalbán, un dos maiores expertos en cancro do mundo, a proposta da Escola Internacional de Doutoramento, e prémianse os seus relevantes méritos na investigación básica sobre o mecanismo que subxace en diferentes tipos de tumores.  O solemne acto académico de Santo Tomás de Aquino terá lugar, ás 11.30 horas no salón de actos do edificio de Humanidades.

A investidura estará presidida polo reitor da UNED, Ricardo Mairal Usón; quen estará acompañado polo vicepresidente segundo do Consello Social da UNED, Aurelio López de Fita, e pola secretaria xeral da UNED, Rebeca de Juan Díaz. O novo doutor será presentado por dous padriños, a vicerreitora de Investigación, Transferencia do Coñecemento e Divulgación Científica da UNED, Rosa María Martín Aranda; e o director do Instituto de Saúde Carlos III, Cristóbal Belda, quenes pronunciarán as respectivas laudationes á traxectoria do novo doutor honoris causa. A elas responderá Mariano Barbacid no seu discurso de ingreso no claustro da UNED.

A UNED ten un plantel de 78 doutores honoris causa, dos eidos do saber máis variados, desde a primeira investidura acontecida no 1985, con Ilya Prigogine ata o ano 2020, con Almudena Grandes e Darío Villanueva.

Mariano Barbacid naceu en Madrid o 4 de outubro de 1949. É bioquímico, doutor en Ciencias Químicas. Completou os seus estudos universitarios entre Madrid e os Estados Unidos.  Na Universidade Complutense de Madrid, estudou Ciencias Químicas e doutorouse no 1974 coa tese: Interacción de antibióticos co centro activo peptidil transferasa do ribosoma eucariótico.

Naquel mesmo ano estivo como becario en Estados Unidos y foi progresando ata converterse no director do departamento de Oncoloxía no Instituto Nacional do Cancro de Maryland. Anos despois voltou a España para porse á fronte do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO).​

Barbacid Montalbán aillou o oncoxén humano H-ras en carcinoma de vexiga. Isto supuxo un avance importante no estudo das bases moleculares do cancro. Ese achádego científico foi publicado na revista Nature en 1982, nun artigo titulado: A point mutation is responsible for the acquisition of transforming properties by the T24 human bladder-carcinoma oncogene. O doutor Barbacid continuou ampliando o que descobrira, o que lle permitiu comprobar que  o devandito oncoxén era unha mutación dun alelo da familia Ras, desvelando tamén o seu sistema de activación. Xa no ano 2003, demostrou que a enzima CDK2, que se cría imprescindible na división celular, non era necesaria para o comezo da replicación.​

Mariano Barbacid Montalbán recibiu una morea de premios pola súa actividade científica entre os que salientan: Distinguished Young Scientist Award (1983); Premio Rey Juan Carlos I (1984); Rhodes Memorial Award (1985); Premio Lección Conmemorativa Jiménez Díaz (2002); Charles-Rudolph-Brupbacher (2005);  Gran Cruz de la Orden del Dos de Mayo (2011) ou a  Medalla Echegaray (2018). Desde o luns 21 de febreiro de 2022 engadirá o título de Doutor Honoris Causa pola UNED.

O acto do vindeiro día 21 poderase seguir mediante a seguinte ligazón de Canal UNED.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es