Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Prevención de fraudes en Internet para os estudantes da UNED Senior en Ourense

13 de enero de 2022

A iniciativa terá lugar o día 3 de febreiro no Marcos Valcárcel desde as 17.00 horas con matrícula de balde e un límite de 20 prazas.  

OURENSE, 13 de xaneiro de 2021. Os alumnos de UNED Senior de Ourense, terán o próximo 3 de febreiro unha sesión especial que consistirá nunha charla titulada Fraudes na internet. O relator será Antonio Mosquera, experto en delitos informáticos e membro do Grupo de Delitos Tecnolóxicos da Policía Nacional en Ourense. A sesión comezará ás 17.00 horas na aula Progreso do Centro Cultural Marcos Valcárcel, ata as 18.30 horas.

Mosquera explicará aos alumnos de UNED Senior as estafas na rede, o uso fraudulento das tarxetas de crédito, o comercio electrónico. Tamén lles falará de seguridade lóxica, de virus e de ataques de denegación de servizo, e tamén a suplantación de personalidade sen esquecer a sustracción de contas de correo electrónico.

A matrícula é gratuíta pero hai que inscribirse en liña, pois son 20 as prazas habilitadas.

Este acto vai dirixido a persoas maiores de 55 anos e entronca co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 16, de Paz, Xustiza e Institucións Sólidas.

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es