Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Charla na UNED Sénior de Ourense sobre prevención de atropelos  

9 de diciembre de 2021

A sección máis veterana da UNED en Ourense contou coa intervención do delegado provincial da DXT, David Llorente, e do técnico da Federación Estatal de Educación e Seguridade Vial, Benito Bouzada

OURENSE, 9 de decembro de 2021. A UNED Sénior de Ourense acolleu este xoves unha xornada de prevención de atropelos nas rúas. Deles falou Benito Bouzada Blanco, membro da Federación Estatal de Técnicos de Educación e Seguridade Viaria. Centrouse na prevención dos atropelos, por que suceden, como e en que lugares teñen lugar. Bouzada levou a cabo unha sesión interesante deste tipo de sucesos nas rúas das nosas vilas e cidades así como nas estradas. Puxo o foco igualmente sobre os elementos de risco e como previlos. Un tema de gran interese para todos os cidadáns, non só para as persoas de idade avanzada.

Esta charla foi posible grazas á colaboración de UNED Ourense coa Federación Estatal de Técnicos de Educación e Seguridade viaria (Fetevi), dentro da programación da UNED Sénior para maiores de 55 anos.

Ao comezo do acto interveu o director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, para dicir aos asistentes que "como sabedes ben os que formades parte da UNED Sénior, a sociedade do coñecemento na que nos atopamos inmersos, deixou de considerar a aprendizaxe como algo propio da primeira etapa da vida, de modo que os destinatarios: nenos e novos, xa non teñen a exclusiva pois hoxe xa non é un só sector social o que necesita formarse senón todos os sectores, desde a infancia ata a segunda mocidade que uns xa gozades e outros imos, aos poucos, camiño dela".

O director agradeceu a colaboración tanto da Fetevi como de Dirección Xeral de Tráfico (DXT), cuxo delegado provincial, David Llorente Rey, tamén asistiu a este acto. Nas súas palabras iniciais, deu as grazas á UNED por esta cita e lembrou a todos a importancia de levar chalecos amarelos en momentos de escasa visibilidade, non só na noite. O lema destes chalecos reza: Peón, os teus pasos con seguridade. Sinalou Llorente que na estrada descenden os atropelos, unha tarefa que custou moito, pero con todo na cidade de Ourense é importante o número de atropelos. A xornada, celebrada de tarde, foi seguida con gran interese polos asistentes.

García Díaz dixo tanto a Bouzada Blanco como a Llorente Rey que a UNED está receptiva a levar a cabo cantas accións de prevención de accidentes de tráfico sexan necesarias. No futuro non se descartan novas convocatorias, pois son de interese social.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es