OURENSE, 17 de novembro de 2021. O Curso de Estudos de Seguridade: retos e prospectiva organizado por UNED Ourense dispara a internacionalidade do mesmo dado que, aínda estando aberta a súa matrícula ata este venres, día 19, xa hai 144 matriculados, residentes en distintos puntos de España así como en Argentina, Chile, Colombia, México e Panamá. Celebrarase do 22 de novembro ao 2 de decembro de 2021 en UNED Ourense. Este curso, que consta de 11 horas lectivas, divídese en tres seminarios que aspiran a analizar tres perspectivas diferentes dos retos de seguridade aos que se enfrontan as sociedades actuais.
O programa é o seguinte:
Julio Prada Rodríguez profesor titular de Historia Contemporánea na Uvigo e Titor en UNED Ourense
José Julio Fernández Rodríguez, profesor titular de Dereito Constitucional na USC.
Luis Velasco Martínez, profesor de Historia Contemporánea, Uvigo, membro do Grupo de Innovación Docente en Ensino non Presencial da USC e membro do Grupo de Innovación Docente I2DH da Uvigo.
17:00-18:00 h. SEMINARIO DE ANÁLISE SOBRE OS NOVOS ENFOQUES DE SEGURIDADE
Concepto e historia das operacións de mantemento da paz de Nacións Unidas.
José Antonio de Ory Peral, embaixador en Misión Especial para Misións e Operacións de Paz e Seguridade Inclusiva.
18:00-19:00 h. O proceso DDR (desarme, desmovilización e reintegración) no proceso de paz en Colombia. Un modelo novidoso.
César Augusto Sáenz de Santa María Gómez , xeral de Brigada.
19:00-20:00 h. Da defensa á seguridade nacional: dúas décadas de promoción da súa cultura.
Carlo Alberto Bueno Fernández, profesor da Universidade de Jaén.
Gobernanza global e ciberseguridade.
Eduardo Fernández García, profesor de Dereito de Ciberseguridade no Grao de Ciencias da Seguridade na Universidade Isabel I.
17:00-18:00 h. Movemento Yihadista Global. Poder e Creencia nas orixes e evolución.
Luis Martínez Gavilán, membro do Comité Reitor de SEDEXPO e membro do Foro Internacional da Muller en Seguridade, Defensa e Emerxencias.
18:00-19:00 h. Loita contra o terrorismo yihadista no Sahel e como afecta á nosa Seguridade Nacional.
María del Pilar Rangel Rojas, profesora asociada de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais na Universidade de Málaga.
19:00-20:00 h. O papel da seguridade nas empresas. Un desafío para o século XXI.
Jorge Alberto Quintana Macías, CEO de ACK3 Consultoría de Riesgos Globales S.
Xóvenes e radicalización violenta: prevención e afrontamento.
Manuel Moyano Pacheco, profesor contratado Doutor en Psicoloxía na Universidade de Córdoba- Facultade de Ciencias da Educación.
17:00-18:00 h. Historia, educación e prevención. O labor do Centro Memorial das Vítimas do Terrorismo.
Gaizka Fernández Soldevilla licenciado en Historia pola Universidade de Deusto e doutor en Historia Contemporánea pola Universidade do País Vasco. Responsable da área de Arquivo, Investigación e Documentación do Centro para a Memoria das Vítimas do Terrorismo.
18:00-19:00 h. Prevención do radicalismo: visións de seguridade para unha escola cega.
Rosa María Fernández García, profesora de Ensino Secundario, Xunta de Galicia.
19:00-20:00 h. Proposta didáctica para ensinar nas aulas o impacto dos crimes contra a Humanidade.
Miguel Ángel Pallarés Jiménez, doutor en Historia e profesor no Departamento de Didácticas Específicas, Área de Didáctica das Ciencias Sociais, Universidade de Zaragoza.
Este curso está dirixido por Julio Prada Rodríguez e coordenado por José Julio Fernández Rodríguez. Colaboran a Universidade de Santiago, CESEG, CESEDEN e o Instituto Español de Estudos Estratéxicos.
UNED Ourense
Comunicación