Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Alberto Muñoz: "En criptomoedas pódese investir, pero con moita cautela porque ten risco"

3 de noviembre de 2021

O profesor da UNED ofreceu un interesante e documentad relatorio no Colexio de Economistas de Ourense sobre a nova moeda que vén para quedarse. O acto estivo moi concurrido de público no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

OURENSE, 3 de novembro de 2021. O profesor Alberto Muñoz Cabanes, da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UNED, espuxo esta tarde en Ourense conceptos básicos sobre as criptomoedas. Convidado polo Colexio de Economistas de Ourense, en colaboración con UNED Ourense, o doutor Muñoz Cabanes disertou nun relatorio celebrado no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel. Foi unha sesión de dúas horas moi amenas nas que o conferenciante paseouse polo salón para por exemplos que cun toque de humor facilitaran a comprensión do tema que atrae a tanta xente.

En el acto de presentación, la decana del Colegio de Economistas de Ourense, Carmen Sampayo David, recordó que el pasado mes de julio el Colegio y la UNED rubricaban un convenio de colaboración por tres años para organizar diversas actividades. La decana mostró su satisfacción por este hecho y se mostró feliz de colaborar con "la universidad estatal por excelencia" que lleva casi 30 años presente en nuestra provincia.

No acto de presentación, a decana do Colexio de Economistas de Ourense, Carmen Sampayo David, dixo que

O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, sinalou que UNED Ourense vive unha nova etapa nos seus casi 30 anos de servizo, que se inclúen nos 50 anos que a Universidade cumprirá no 2022, etapa na que, “apostando por establecer alianzas que permitan unha maior presenza da nosa universidade no tecido social e empresarial ourensán. Desde Ourense puxemos en marcha o convenio asinado con este Colexio de Economistas de Ourense, froito do interese das dúas partes. Cando hai ilusión por sumar pódese chegar alto, pódese soñar e o soño pode devir en realidade. Neso estamos".

Tras a presentación do acto e do relator, Alberto Muñoz Cabanes desenvolveu o seu relatorio estruturado en catro partes: a orixe de Bitcoin e a tecnoloxía Blockchain, as principais criptomoedas; como comprar criptomoedas: exchanges e wallets e, por último, a revolución dos contratos intelixentes, finanzas descentralizadas e tokens non funxibles.

Sobre a orixe de Bitcoin e a tecnología Blockchain, o relator comezou definindo que é o diñeiro: “Trátase do ben máis líquido cuxa demanda non está relacionada co desexo de consumilo directamente, senon que está baseada no coñecemento de que con el é sinxelo conseguir os outros bens. O diñeiro só ten valor cando a riqueza xa está creada. A súa razón de ser é precisamente a de representar a devandita riqueza. Dito doutro modo: ¿canto vale un millón de euros nunha illa deserta?”. O doutor Muñoz Cabanes recordou as propiedades do diñeiro: duradeiro, transportable, divisible, funxible, anónimo, ten baixos custes de transacción e permite transaccións rápidas.

Características de Bitcoin

O relator manifestou que a súa oferta máxima está limitada a un total de 21 millóns de bitcoins (BTC), altamente fraccionable. “Cada unidade de Bitcoin pode subdividirse en 100 millóns de unidades, acadando os 8 decimais, verificándose que 0,00000001 bitcoin = 1 satoshi”. E que o seu funcionamento baséase na tecnoloxía blockchain ou de cadea de bloques.

Para saber que é a tecnoloxía Blockchain ou cadea de bloques, Muñoz Cabanes sinalou que permite crear un rexistro contable distribuido e mantido por unha rede de ordenadores sen necesidade de contar cun servidor ou base de datos central. A actualización e xestión deste rexistro só se pode realizar mediante o consenso con todas as partes que forman a rede”. E amosou o Blockchain de Bitcoin en directo mediante un enderezo ao que se accede premando aquí.

Alberto Muñoz se pregunta como conseguimos motivar aos nodos a mantener a rede. E nos fala do minado de Bitcoin: “O proceso de mantemento da cadea de bloques, almacenando información e xerando os bloques corresponde aos mineiros. A cambio de aportar o seu poder de computación resolvendo unha adiviñanza criptográfica (nada sinxela), reciben un pago en forma de bitcoins. Esto é o que se coñece como consenso por Proba de Traballo (Proof of Work o PoW). A comprobación das transaccións debe realizarse polo menos o 51% dos mineiros. A recompensa recibida polo traballo realizado está limitada polo propio software e disminúe a metade por cada 210.000 bloques xerados mediante un proceso denomiñado halving. Actualmente a recompensa é de 6,25 BTC por bloque, pero arredor do 26 de marzo de 2024 baixará a 3,125 BTC, reducindo a sua taxa de inflación”. O relator amosou  que de modo adicional “os usuarios abonan comisións aos mineiros en base ao tamaño de transacción, estado da rede e rapidez desexada”. E ao preguntar si esto se podería facer doutro modo, mencionou a proba de participación e sinalou: “en Proof of Stake (PoS), o creador dun bloque novo (chamado validador ou forxador) é elixido de forma pseudoaleatoria, en base á súa participación a criptomoeda e antigüidade na rede. Unha vez seleccionado o forxador, este valida as transaccións, sela o bloque e engadeo á cadea.  A cambio, recibe unha recompensa que é unha comisión sobre as transaccións (staking). Polo tanto, é máis rápido e consume menos recursos”.

Ao referirse ás principais criptomoedas, Alberto Muñoz mencionou as categorías máis relevantes:

  • Criptomoedas (Moedas Dixitais)
  • Smart Contracts

  • Stablecoins

  • Finanzas Descentralizadas (DeFi)

  • Exchange Tokens

  • Tokens Non Funxibles

  • Meme Tokens
MOEDAS DIXITAIS

“Consideramos como criptomoedas ou moedas dixitais todas aquelas cuxa principal función é a de servir como medio de pago, servindo como alternativa ao diñeiro tradicional. Se ben non son 100% anónimas, existe unha variante (as chamadas PrivacyCoins) que mediante diferentes algoritmos desvinculan calquera transacción dos seus participantes, ocultando orixe e destino”.

SMART CONTRACTS

“Un Smart Contract ou Contrato Intelixente é un código informático no que os termos dun contrato se traducen a sentenzas e comandos”, indica o relator, engadindo que un contrato intelixente “é capaz de executarse e facerse cumprir por si mesmo, de forma autónoma e automática, sen intermediarios nen mediadores. O principal ecosistema de creación de Smart contracts é Ethereum, creado por Vitalik Buterin a finais de 2013”.

STABLECOINS

O profesor Muñoz Cabanes sinala que “unha stablecoin é un token cuxo valor está asociado o valor dunha moeda é unha moeda ‘fiat’, a bens tanxibles como ouro ou inmobles, ou incluso a outra criptomoeda (ou unha cesta delas)”. E explica que hai tamén “stablecoins non asociadas a ningunha outra moeda ou activo, senon que posúen un algoritmo que manten o seu prezo estable (ie., señoreaje)”.

FINANZAS DESCENTRALIZADAS (DeFi)

O termo Finanzas Descentralizadas (Decentralized Finance o DeFi) “fai referencia ao novo ecosistema de tokens e protocolos que ten como obxectivo reinventar o sistema financieiro tradicional eliminando aos intermediarios (bancos) do xogo”. Deste modo, prosegue o doutor Muñoz Cabanes, “moitos dos produtos financieiros habituais (préstamos, produtos estruturados, inversión en accións, etc.), poden crearse empregando contratos intelixentes”.

EXCHANGE TOKENS

“Os mercados de criptomoedas (exchanges), sexan centralizados ou descentralizados, emiten os seus propios tokens, co fin de ofrecer descontos e vantaxes aos seus tenedores”, indica o relator.  Cabanes indicou que igualmente “poden servir para incentivar a participación proporcionando liquidez, ou para que os poseedores do token participen no mecanismo de gobernanza concedéndolles poder de voto”.

TOKENS NON FUNXIBLES

“Un Token Non Funxible (Non-Fungible Tokeno NFT) é un activo criptográfico representado nunha blockchain que posúe códigos de identificación e metadatos únicos, o que permite distinguilo de outros. Deste modo, non é posible intercambiar un NFT por outro como sucede co Euro ou co Bitcoin. Elo abre a posibilidade de usalo para representar dixitalmente activos físicos como unha vivenda ou unha obra de arte”.

MEME COINS

Polo xeral, unha meme coin nos di o relator, “non ten ningún valor inherente nen utilidade, a única graza é que se basean en memes de Internet (chistes e imaxes humorísticas que se comparten en redes sociais). En ocasións, a partires dunha broma é posible chegar a ter certa utilidade: Dallas Mavericks aceptan Dogecoin como medio de pago, ShibaInu crea un videoxogo e lanza NFTs, etc.”

Proxectos a ter en conta

Alberto Muñoz citou os seguientes proxectos a ter en conta: Polkadot (DOT), Ve Chain (VET); Basic Attention Token (BAT) e IOTA (MIOTA). E deu unhas pautas para comprar criptomoedas: exchanges e wallets, que son as seguintes: “teredes que acudir a un Exchange, depositando diñeiro fiat para cambialo. Despois é altamente recomendable almacenalo nun wallet ou monedeiro”. E en canto ao almacenamento en wallets ou monedeiros Alberto Muñoz explicou que “un wallet é un programa informático que nos permite custodiar os nosos Bitcoins u outras criptomoedas e tamén conectar coa rede de Bitcoin para autorizar unha transacción monetaria. Poden ser de dous tipos: hotwallet (enliña, software, smartphone) ou coldwallet (dispositivos USB, papel)”.

Citou o relator casos de uso de contratos intelixentes:

  • Rexistro e almacenamento de datos (mercantís, sanitarios, etc.)

  • Gobernanza e votacións

  • Seguros

  • Internet das Cousas (IoT)

  • Financiación de Proxectos ICOs

  • Seguemiento da cadea de suministro e certificación de autenticidade

  • Identidade Dixital

  • Creación de DAOs

  • Banca Finanzas DeFi

  • Dixitalización de títulos de propiedade (vivendas, automóbiles, obras de arte) Tokenización e NFTs.

No que a Finanzas descentralizadas se refire, o relator menciona as seguintes:

  • Préstamos: Compound, Aave, Maker, yearn.finance
  • Exchanges: Uniswap,CurveFinance,Balancer
  • Xestión de Activos: Melon, Set Protocol, Zapper.fi, Iconomi
  • Cobertura de Riscos: Augury Polymarket (mercados de predicción), Opyn e Nexus Mutual (seguros)

  • Activos Sintéticos: Synthetix

Alberto Muñoz Cabanes, ao mencionar os Tokens non funxibles, sinalou que “a creación dos estándares ERC-721 e ERC-1155 en Ethereum supuxo facilitar enormemente a creación de NFTs. As súas aplicacións son variadas: arte dixital e música; artigos de luxo, licencias e certificacións; coleccionables, entradas de eventos deportivos e concertos e tamén videoxogos".

Todos os inscritos neste relatorio van recibir un diploma avalado pola UNED e polo Colexio de Economistas de Ourense. 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es