OURENSE, 28 de outubro de 2021. Este xoves a doutora Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense, reuniuse coa doutora Rosa María Martín Aranda, vicerreitora primeira e vicerreitora de Investigación, Transferencia do Coñecemento e Divulgación Científica da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED), e co doutor Jesús Manuel García Díaz, director de UNED Ourense. Durante o encontro, que tivo lugar na sede do campus de Ourense, destacouse a sinerxía de colaboración existente na cidade das Burgas entre as dúas institucións académicas e o desexo de continuar estreitando as relacións existentes no eido institucional e académico. De feito, a colaboración é veterana e vese por exemplo, nas xornadas anuais de Historia que organizan ambalas dúas universidades desde fai máis dunha década. Foi unha visita institucional moi cordial entre as dúas partes.
UNED Ourense
Comunicación