Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Ampliado o prazo de matrícula ata o 10 de novembro

21 de octubre de 2021

A UNED habilita un novo periodo de matriculación para os estudos de Grao, Graos Combinados, Mestrados Oficiais, Idiomas (CUID), Curso de Acceso para Maiores de 25 e 45 anos e Microtítulos, a novidosa aposta da universidade deste curso académico

OURENSE, 21 de outubro de 2021.- A UNED ven de apliar o prazo de matrícula para os estudos de GraoGraos CombinadosMestrados OficiaisCentro de Idiomas (CUID)Curso de Acceso para Maiores de 25 e 45 anos e Microtítulos ata o vinedeiro 10 de novembro. Tamén permanecen abertos os periodos de matriculación da Escola Internacional de Doutoramento ata o 17 de novembro, e de Formación Permanente e Profesional ata o 30 de novembro en prazo ordinario e ata o 17 de xaneiro  de 2022 en periodo extraordinario. Desta forma, a universidade quere facilitar o acceso á Educación Superior universitaria a todos aqueles interesados en completar a súa formación. O proceso de matrícula realízase de xeito totalmente en liña.

Os Microtítulos, aposta da UNED para este novo curso académico, permiten adquirir coñecementos especializados e multidisciplinares dun xeito novidoso e exclusivo. As materias proveñen de Graos ou Mestrados oficiais, o que garante a súa calidade, e de distintas Facultades e Escolas, o que os dota dunha personalidade multidisciplinar única. Son títulos propios da UNED que respostan á intención da UE de alentar a formación ao longo de toda a vida, e a UNED é a primeira universidade en ofertalos en toda Europa. A maiores desto, completar o microtítulo permite engadir esas materias xa cursadas a un futuro Grao ou Mestrado oficial sen ningún tipo de convalidación nin xestión algunha.

Elixe o teu microtítulo

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es