Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Jorge Lamas amosou o encanto patrimonial do camiño Miñoto-Ribeiro

21 de octubre de 2021

UNED Ourense ofreció este proyecto de recuperación que permitirá potenciar las zonas rurales por las que discurre la ruta, dentro del ciclo que el Campus Noroeste está dedicando al patrimonio cultural como motor de desarrollo de la España Vaciada.

OURENSE, 21 de outubro de 2021.- O arqueólogo ourensán Jorge Lamas Bertolo ofreceu unha interesante conferencia en UNED Ourense, para amosar a riqueza patrimonial do Camiño Miñoto-Ribeiro, de peregrinación entre Braga e Santiago de Compostela. A sesión celebrouse no salón de actos do Centro Asociado ourensán e foi seguido tanto presencialmente como en liña. Organizou o Campus Noroeste da UNED.

O proxecto do Camiño Miñoto-Ribeiro, di Jorge Lamas, “arrinca coas súas primeiras investigacións alá polos anos 90 do século pasado e demostra a existencia dun roteiro de peregrinación, xa desde a Idade Media, que comeza na cidade portuguesa de Braga e finaliza en Compostela, reforzada esta por o comercio e o transporte do viño do Ribeiro”. Engadiu o relator que despois de varios anos de investigacións “levadas a cabo por especialistas na materia e a través da análise de referencias documentais, históricas, arqueolóxicas, toponímicas, cartográficas…, hoxe en día este camiño finaliza co recoñecemento oficial por parte dos Arcebispados de Braga e Santiago de Compostela como Xacobeo”, engade Lamas.  A carón do Camiño foron catalogados 230 bens patrimoniais, sin contar os que están en núcleos como Pazos de Arenteiro, en Boborás, que permitiría superar os 300 bens.  

O relator realizou na súa intervención unha “viaxe” para coñecer “non só o camiño en si, senón tamén os distintos elementos patrimoniais que, en certa medida, axúdannos a comprender a importancia do mesmo”. Lamas (no centro da imaxe, acompañado polo director Jesús Manuel García e o historiador Cástor Pérez) baseou o seu relatorio en “presentar parte da riqueza patrimonial, que localizada en lugares estratéxicos fundamentais, articula este territorio levando a dinamizar esta zona como un referente non só turístico senón tamén económico, social, relixioso…” Tamén achegou unhas valoracións finais nas que se puxo de manifesto a importancia de varios elementos que configuran este camiño: “o río Miño como ‘condutor’ natural, xa que a súa presenza ata o burgo de Ribadavia é notorio; o viño do Ribeiro que a través da súa explotación e comercialización configúrase unha rede viaria que articula este territorio; os hospitais, apuntando o do Condado (Padrenda) como o Roncesvalles deste camiño, os de Ribadavia, mosteiro de San Clodio (Leiro) ou os de Encoméndalas de Beade e Pazos de Arenteiro (Boborás); a iconografía xacobea, presente en imaxes de Santiago na Capela de Bouzadrago (Entrimo), a igrexa de Santiago de Ribadavia, a igrexa de Banga (O Carballiño) ou en San Lourenzo en Boborás; finalmente os afloramentos de augas termais como as de Riocaldo (Lobios), Cortegada, Arnoia ou Prexigueiro (Ribadavia) que dan un carácter sanador a este camiño”. 

Jorge Lamas fixo amena a súa charla mostrando ao auditorio de máis de 400 persoas que están a seguir este ciclo de conferencias desde varios puntos de España e desde outros continentes, e deixou patente unha boa parte da enorme riqueza non só histórica, natural senón patrimonial que aínda atesoura a provincia de Ourense, con paisaxes que rozan o sublime. Jorge Lamas Bertolo foi presentado polo director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, quen ao final o felicitou pola súa achega a este ciclo de conferencias que se celebra no Campus Noroeste da UNED dedicado este ano ao patrimonio cultural como motor de desenvolvemento da España Baleirada. García Díaz resaltou unha vez máis que “unha das industrias fortes que Ourense posúe, e que hai que potenciar sen dúbida e con forza, é o turismo cultural, que aquí ten un verdadeiro paraíso para goce do turista. Hai que seguir traballando niso e na UNED estaremos atentos para achegar o apoio científico necesario”. O director dixo que sería bó que este relatorio de Lamas sirva para que entre os asistentes prenda o interese por coñecer a provincia de Ourense. Hai que recordar que neste ciclo de ponencias hai máis de 400 matriculados que residen en varios puntos de España así como no estranxeiro.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es