Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Os novos estudantes de UNED Ourense coñeceron as súas instalacións e como se estuda nesta Universidade

29 de septiembre de 2021

A Xornada de Portas Abertas incluiu dúas sesións de relatorios con sendos percorridos polo Centro Asociado e os servizos que presta, proporcionando aos alumnos todas as pautas para sacar proveito á súa estadía na Universidade con maior número de matriculados de España

OURENSE, 29 de setembro de 2021.-UNED Ourense celebrou dúas sesións da Xornada de Portas Abertas para os estudantes que inician estudos nesta Universidade. Ata o Centro desprazáronse Manel, que reside en Silleda e matriculouse en Educación Social, e Paula, de Ourense, que se matriculou en Psicoloxía. Tamén viñeron Yolanda, Marta, Diego e Manuel, todos de Ourense, que queren estudar Psicoloxía, Matemáticas e algún mestrado como o de en Intelixencia Artificial. Á parte destes estudantes houbo outros que seguiron as sesións a través de internet.

O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Díaz, deulles a benvida dicíndolles que estaban na súa casa. Díxolles que veñen a “unha gran universidade que está a piques de cumprir os seus primeiros 50 anos e que é a máis grande de España en número de alumnos”. Tamén lles mencionou a oferta formativa cos 28 graos, 80 mestrados, 19 programas de doutoramento e 800 cursos de Formación Permanente, sobre todas as ramas do coñecemento. O director explicoulles a estrutura da UNED, unha universidade semipresencial, pioneira no uso das tecnoloxías “e na que se realiza boa e recoñecida investigación”. García animounos a estudar e aproveitar todos os recursos que a UNED pon ao seu alcance. Explícoulles como funciona un Centro Asociado, que servizos presta e foilles ensinando os distintos espazos que o configuran. García Díaz aconselloulles acudir, ben presencialmente ben en liña, ás titorías “porque os nosos profesores titores son profesionais ben preparados, que levan moitos anos como tales, e coñecen por tanto moi ben cada materia e ao equipo docente, do que son un apoio. Temos grandes profesionais que vos axudarán, polo que non vos aconsello desperdiciar esa axuda”, insistiu. 

O profesor titor Jesús Carballo Bouzas, encargado do servizo de orientación e información ao estudante, coñecido como COIE, explicoulles con detalle a importante actividade que desde aquí desenvólvese, guiando aos estudantes en todo momento. Luís Gulín Iglesias, membro do PAS de UNED Ourense, expuxo aos novos estudantes todo o concernente a bolsas, matrículas, convalidaciones, acceso á Universidade, entre outros aspectos de interese para eles.

Os novos alumnos visionaron un vídeo que ilustra dun modo sinxelo como se estuda na UNED. “Vides a unha universidade esixente, pero asegúrovos que se vos empregades a fondo no voso traballo intelectual, vai ser difícil fracasar”, sinalou o director, quen lembrou que as titorías empezan o próximo día 4 de outubro, que sempre se desenvolven en horario de tarde e que para estudar na UNED non se esixe nota de corte. 

Aos participantes insistíuselles na necesidade de ter aberto sempre o seu correo electrónico de estudante UNED para estar ao día das notificacións varias que a universidade lles envía. E díxoselles que non é a primeira vez que algún estudante non consulta o seu correo e perde moita información, o que lle pode proporcionar un bo susto. O director animounos a perseverar no esforzo intelectual que están a piques de realizar, lembrándolles a boa e esixente preparación que poden obter cando finalicen os seus estudos. Os novos alumnos expuxeron cantas dúbidas presentábanselles e coñeceron nun agradable paseo guiados polo director as salas de titorías, a sala de estudo, a biblioteca, administración, dirección, laboratorios, salón de actos e aula de exames de UNED Ourense, "desde agora, a vosa casa. Nós estamos aquí exclusivamente para vós, para darvos o mellor servizo. Benvidos!", díxolles Jesús Manuel García. A campaña de matriculación en UNED Ourense segue a bo ritmo, pois aínda queda de prazo ata o 21 de outubro.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es