Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O director de UNED Ourense falará esta tarde dos proxectos de Antonio Palacios para Celanova e para a catedral da cidade

6 de octubre de 2021

Jesús Manuel García Díaz intervirá ás 19.00 horas no Marcos Valcárcel, no terceiro día das Xornadas UNED que organizou para disfrute da sociedade ourensá en xeral 

OURENSE, 6 de outubro de 2021.- O director de UNED Ourense, Jesús Manuel García Diaz, ofrecerá esta tarde, ás 19.00 horas, o relatorio titulado: Antonio Palacios: de Celanova á catedral de Ourense. Esta intervención forma parte das Xornadas que UNED Ourense dedica durante esta Semana da Arquitectura ao legado do arquitecto porriñés, Antonio Palacios Ramilo. Todas as sesións desenvólvense desde o Centro Cultural Marcos Valcárcel, e poden seguirse presencialmente, e tamén en liña, modalidade esta para a que é preciso matricularse, o que da dereito a obter diploma da UNED, medio crédito ECTS e a ligazón para seguir as conferencias, ben en directo ou en diferido.

O relator de hoxe é o organizador, co seu equipo de Dirección, destas xornadas, que agora coordina, sendo director das mesmas o profesor da Facultade de Historia da UNED, Antonio Perla de las Parras. As presentes xornadas, como sinala o relator, son un bon complemento á exposición que a Xunta está a piques inaugurar no Museo do Mar de Vigo, tamén sobre o arquitecto Palacios Ramilo. De feito, algúns relatores das Xornadas UNED están vencellados a esa exposición, sendo o seu comisario o catedrático da USC Jesús Ángel Sánchez García, que ofrecerá o seu relatorio en Ourense este vindeiro venres, ás 17.30 horas.

As Xornadas despertaron interese en toda Galicia e noutras comunidades, entre elas Madrid. Están sendo seguidas por estudantes, docentes, arquitectos, diversos profesionais e cidadáns en xeral que teñen interese pola obra palaciana. Este arquitecto produxo para Ourense as trazas de tres construccións: o santuario da Virxe da Encarnación, en Celanova, a nova Praza de San Martiño para a catedral de Ourense, e o templo da Veracruz, en O Carballiño, único proxecto que se levou a termo, quedando sobre o papel os dous primeiros. Especialmente o da praza para a catedral converteuse, co paso das décadas, en algo mítico entre os ourensáns. Inda hoxe non está rematado o debate acerca de si abrir unha praza máis ampla, que arranca de mediados do século XX, ou deixar a actual. Unha cousa é o debate na rúa e outra ben distnta o que di a Lei.  A provincia ourensá era ben coñecida polo arquitecto porriñés afincado en Madrid, pois non foron poucas as localidades ás que se achegou para tomar apuntes no seu caderno de campo, que hoxe constitúen unha xoia pola cantidade de debuxos e bocetos que conteñen.

García Díaz é doutor en Historia pola Universidade de Vigo, licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid; posgrao en Interpretación do Patrimonio Cultural pola UOC, mestrado en Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais pola Universidad de Vigo. Ten unha tesiña de licenciatura do grao de Patrimonio Histórico sobre o proyecto de Antonio Palacios para a Praza de San Martiño de Ourense, tamén pola Uvigo. A súa tese de doutoramento tratou sobre a depuración dos mestres nacionais na provincia de A Coruña durante o primeiro franquismo. Foi cualificada con sobresaínte cum laude e mereceu o Premio da Fundación Luis Tilve en investigación e divulgación histórica en Galicia. 

O director de UNED Ourense traballou 25 años en La Voz de Galicia e Antena 3 Radio, logo Radio Voz, sendo delegado e director respectivamente en O Barco durante varios anos. Como veterán comunicador, o doutor García Díaz ten, xunto a experiencia en xestión de medios de comunicación, centos de informacións sobre diversos aspectos da actualidade ourensá ao longo dun cuarto de século, salientando os artigos sobre a maioría dos monumentos que poboan os diferentes recunchos da provincia. Publicou reportaxes de arqueoloxía, restauración de monumentos, protección e difusión do patrimonio, sobresaíndo dun xeito especial o corpo de reportaxes dedicado á catedral de Ourense, en dúas décadas, monumento que se empeñou en dar a coñecer aos ourensáns, incluso con visitas interpretativas durante dez anos. Todo este corpus valeulle  no seu momento ser galardoado co Premio de Xornalismo José Aurelio Carracedo en 2008.  No 1991 foi convidado polo Departamento de Estado norteamericano para visitar os principais medios de comunicación e facultades de xornalismo en cidades e universidades da costa este dos Estados Unidos, entre elas a prestixiosa Universidade de Columbia.

Tambén exerceu como guía especializado de Galicia en Boborás, no 2017, contribindo a reforzar a imaxe do municipio. Responsabilizouse igualmente da comunicación e organización das visitas guiadas na exposición internacional In Tempore Sueborum nos 6 meses que durou, entre os anos 2017 e 2018, traballo co que axudou a que a mostra alcanzara un forte impacto en España e Portugal. García foi profesor convidado da Uvigo durante 4 cuadrimestres, nos campus de Pontevedra e Ourense. Deu numerosos relatorios de Historia, Patrimonio e Comunicación en varias institucións, entre elas a UNED e a Uvigo. É autor, polo de agora, de tres libros: Plaza de San Martín, frente a la catedral de Ourense. Del proyecto de Antonio Palacios a la actualidad, publicado polo Grupo Marcelo Macías en 2018; La depuración del Magisterio nacional en la provincia de A Coruña (1936-1945), publicada pola Fundación Luis Tilve e gañadora do premio Luis Tilve de investigación e divulgación histórica e tamén publicou Docentes y masones. Depuraciones y represión en el noroeste de Galicia tras el golpe franquista, Gijón, Masónica, 2020.

Ten tamén, varios artigos, entre eles tres sobre Antonio Palacios: “Las huellas haussmanianas en el proyecto de Palacios para Ourense”, Boletín Auriense, Ourense 2021 (en imprenta); “Carta inédita de Antonio Palacios para reubicar una imagen gótica de la Virgen en Seixalbo”, en Auriensia, nº 23, Ourense, 2020. “El regionalismo de Antonio Palacios en Ourense”, en Porta da Aira, Revista de Historia del Arte Ourensano, nº 14, Ourense, Grupo Francisco de Moure, 2016; “Dos maestras de Betanzos purgadas como izquierdistas por el franquismo”, en Casa dos Espellos, nº 3, Betanzos, xullo 2020. "A Limia”, publicado en el libro Limiaxinacións. Evocacións das terras do Lethes. Cadernos Culturais do Limia, nº 10. Xinzo de Limia, 2009. “Como un susurro” no capítulo dedicado ao río Miño no libro Ríos de Galicia. Galicia en guías (10), A Coruña, La Voz de Galicia, 2004. “Autómatas para una joya bibliográfica del XVII”, en VV. AA. : Un Universo Literario en Cien Miradas. Homenaje al Libro desde Ourense, Ourense, Agrupación de Libreiros de Ourense. XVII Congreso Nacional de Libreiros, 2002. “Leva Benito Losada un cuarto de século…” en VV. AA.: Vintecinco anos de labor cultural en Ourense. Benito Losada, Ourense, Xunta de Galicia, Diputación de Ourense, Concello de Ourense, 2001. “Liberdade de Imprenta e ideoloxías no Cádiz de 1812”, en GONZALEZ-ARES, J. A. : Dereito de sufraxio, réxime electoral e partidos políticos. Da Constitución de Cádiz aos nosos días, Ourense, Deputación de Ourense, Asociación Galega de Estudos Xurídicos, 2013. “A Lei de Prensa de 1966. ¿Unha fiestra á democracia?”, en: GONZÁLEZ-ARES, J. A. : Historia e Memoria do Réxime de Franco, Santiago de Compostela, Andavira, 2012. “Retorno a las raíces. Un siglo de recuperación del patrimonio”, en VV. AA.: Ourense en el siglo XX, A Coruña. La Voz de Galicia, 2001. É autor de unha unidade didáctica encargada pola Fundación Barrié de la Maza, no 2013, con catro versións adaptadas para alumnos de ESO, Bachalerato, Infantil e Primaria.

ESTAS XORNADAS PODEN SEGUIRSE DE DÚAS MANEIRAS:

-Presencialmente acudindo ao salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel

-Os que elixiron seguilas en directo via streaming adxuntamos un PDF coas instruccións a seguir. Quenes sexan alumnos da UNED aplican ás súas propias claves de acceso. Os que son alleos á UNED seguen as instruccións descritas e as súas claves de acceso serán estas:

 

Usuario:       alumno1

Contrasinal: 20121generico 

Logo os estudantes UNED e os NON UNED acceden (tal como está descrito no pdf) á ligazón:

http://www.intecca.uned.es/portalavip/directos.php?ID_Grabacion=490980&ID_Sala=320036  e verán na súa  pantalla o evento Xornadas Antonio Palacios (a conectarse ás 19 h).

Para recibir o diploma da Universidade é preciso matricularse aquí

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es