OURENSE, 21 de setembro de 2021.-Se como estudante da UNED non o activache polo de agora, explicámosche como facelo. Recorda que activar o teu correo de estudante UNED é fundamental para recibir información importante relacionada cos teus estudos, os exames, o aceso aos espazos e recursos tecnolóxicos, actividades mo teu centro, etc. Para activar o teu correo, accede á páxina de inicio da UNED, pincha no Campus UNED, identifícate co teu usuario e contrasinal da UNED, e segue a seguinte secuencia paso a paso:
Tamén podeche ser útil que as mensaxes que cheguen á túa conta de estudiante UNED se reenvíen a outra conta de correo persoal que xa teñas e prefiras empregar. Explicámosche como facelo no seguinte VIDEOTUTORIAL "¿Como reenviar correo desde a conta oficial da UNED dos estudantes (nombreusuario@alumno.uned.es) ás contas personais?" Para esta acción, tamén che deixamos os seguintes pasos:
Agora que estamos a tempo, case ao comezo do novo curso, non abandoes esta acción de ter ao día o teu correo de estudante para estar informado de todo o que necesitas como tal usuario da UNED.
UNED Ourense
Comuicación