Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

I Premio literario UNED de relato curto para xóves escritores 

10 de septiembre de 2021

A Universidade Nacional de Educación a Distancia, a través da Facultade de Filoloxía e en colaboración co departamento de Actividades Culturais, co propósito de fomentar e apoiar a creación literaria entre os estudantes de 4.º de ESO e 1.º de Bacharelato, convoca o Premio Literario da UNED de relato curto para novos escritores, dotado con dous premios de 800 e 500 euros repectivamente máis a publicación dos traballos.

OURENSE, 10 de setembro de 2021.- Poderán participar todos os estudantes de 4.º de ESO e 1.º de Bacharelato ou equivalentes, cunha idade máxima de 18 anos cumpridos á data de entrega de orixinais, e que sexan residentes en España. A extensión dos relatos, que deberán estar escritos en castelán, non superará un máximo de 2000 palabras e terá un mínimo de 1000. O tema desta convocatoria terá que estar relacionado con viaxes ou calquera circunstancia relacionada con eles. As obras serán orixinais e inéditas e non serían premiadas con anterioridade noutro concurso, nin estarán presentadas a outro premio pendente de fallo. Cada autor soamente poderá presentar unha obra. Os relatos, asinados con pseudónimo, enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico: premiojovenes@adm.uned.es As obras presentaranse en formato Word nun arquivo cuxo título será o da obra e que debe ser o mesmo que figura no formulario de admisión. Os autores terán que enviar os seus datos persoais enchendo o formulario de admisión publicado na páxina web xunto a estas bases.

Tanto o formulario como o relato deben enviarse ao mesmo tempo. Non recibirán acuse de recibo nin se manterá correspondencia algunha cos concursantes. Establécense os seguintes premios:

 -Un primeiro premio dotado con 800 euros e un diploma. 

-Un segundo premio dotado con 500 euros e un diploma.

 O xurado poderá declarar deserto o primeiro premio ou ambos, así como conceder premios ex aequo. O xurado seleccionará tamén algúns relatos para publicalos nun volume, xunto cos dous gañadores, nun libro que editará a UNED. O prazo de presentación de orixinais concluirá o 1 de marzo de 2022 ás 24.00 h (horario peninsular español) e o fallo do xurado e entrega de premios farase público durante os meses de maio ou xuño de 2022. O xurado estará integrado polo decano da Facultade de Filoloxía da UNED, un autor de prestixio de literatura xuvenil e un profesor de literatura de ensino secundario e a súa decisión será inapelable. 

A participación no concurso implica a total aceptación das bases e cesión de dereitos de reprodución e distribución para o volume que se editará de premiados e seleccionados. Os datos persoais solicitados formarán parte dunha base de datos, cuxa titularidade corresponderá á UNED, con CIF Q-2818016-D e domicilio en rúa Bravo Murillo, nº 38, 28015 – MADRID. A UNED garante o cumprimento da Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Para os menores de idade será necesaria unha autorización dos pais ou titores, que deberá achegarse tamén ao correo electrónico.

Acceso ao formulario 

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es