Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A profesora tutora de UNED Ourense, María Elena Ojea, publica unha edición crítica de contos feministas de Pardo Bazán

3 de junio de 2021

A obra vai destiñada a estudantes de segunda etapa da ESO e aos de Bachalerato.

OURENSE, 3 de xuño de 2021.- A profesora titora de UNED Ourense, doutora María Elena Ojea Fernández, publicou o libro Cuentos Feministas, de Emilia Pardo Bazán, coa editorial Edelvives. Trátase dunha edición crítica deses contos de dona Emilia. “O libro foi un encargo da editorial Edelvives. Chamáronme a finais de xaneiro e propuxéronme a edición dunha serie de contos de Emilia Pardo Bazán que tratasen da cuestión feminina e da situación social da muller na época da escritora. En total escollemos quince relatos, uns máis coñecidos que outros”, sinala a profesora. A relación é a que segue: Geórgicas, Feminista, Los cirineos, Náufragas, El indulto, Los huevos arrefalfados, ¿Justicia?, La culpable, Piña, Paracaídas, El encaje roto, Tío Terrones, Las medias rojas, La flor seca e Champagne. O estudo que fixo Ojea Fernández conta con varias partes: unha introdución para contextualizar historicamente o tempo de dona Emilia, é dicir, de 1851 a 1921, contar a vida e obra de Pardo Bazán, ver o Naturalismo no relato curto desta escritora, o feminismo nos seus contos, etc. 

O libro está pensado para a segunda etapa da ESO e para Bacharelato. “Ten Actividades de lectura e comprensión, de falar e debater, taller de escritura e investigación e unha bibliografía selecta. Como vai dirixido a un público concreto, a linguaxe trata de ser sinxelo, esclarecedor e, sobre todo, didáctico”, sinala María Elena Ojea. “Tiven pouco tempo. A edición tiña que estar lista a finais de abril, pois o 12 de maio conmemorábase o centenario do falecemento da condesa”, engade. 

Foi Ignacio Chao, editor en Edelvives, quen se puxo en contacto con María Elena Ojea. “Chamoume por teléfono ao Instituto e preguntoume se quería facer a edición. Sabía que a miña tese de doutoramento versaba sobre a obra de Pardo Bazán. Comentoume que lera un artigo meu, que trataba da narrativa feminista nos relatos curtos da autora, e pensou que eu podía facer o estudo. Foi a editorial a que elixiu o tema da ficción feminista, supoño que pola actualidade do tema”, indica a autora do estudo crítico.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es