Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Ana García Serrano falará este venres en Ourense do procesamento da linguaxe natural en humanidades dixitais

20 de abril de 2021

Volta esta semana outro relatorio do Seminario de IA organizado pola UNED en colaboración co Centro de Intelixencia Artificial de Ourense, que se emite dentro da serie Os Venres con IA. Nesta ocasión tócalle á profesora doutora Ana García Serrano. Este ciclo ten o apoio do Vicerreitorado de Investigación, Transferencia do Coñecemento e Divulgación Científica da UNED. 

OURENSE, 20 de abril de 2021.-Os perfís con coñecementos de humanidades dixitais están a ser moi solicitados por institucións, museos, departamentos de dinamización cultural de empresas e outros. Pero a que nos referimos con “humanidades dixitais”? Nesta sesión que se emitirá en directo ás 12.00 horas o venres, dçia 23 de abril, presentaranse casos prácticos de éxito mostrando a implantación das tecnoloxías no campo das humanidades, tanto para procesar información textual e multimedia ou para a xestión e visualización de datos, como para achegar novas aproximacións que faciliten o pensamento e a investigación humanista. De todo iso falará a profesora Ana García Serrano, da ETSI Informática da UNED.

A doutora García Serrano é profesora titular de universidade, e doutora en informática pola UPM. Traballou en diferentes universidades e incorporouse á UNED en xuño de 2007, participando desde entón no grupo de investigación consolidado Procesamento de Linguaxe Natural e Recuperación de Información (NLP&IR polas súas siglas en inglés) da ETSI de Informática da UNED. Previamente foi directora do grupo de investigación Intelligent Systems (ISYS, 1999-2007) do Departamento de Intelixencia Artificial da Universidade Politécnica de Madrid.

Regularmente é a investigadora principal en diferentes proxectos nacionais e internacionais e é membro do grupo de innovación docente verificado polo IUED da UNED, SALT-CG (Smart and Adaptive Learning and Teaching- Crowding- Group). Despois de varios períodos nos que a súa dedicación docente e investigadora completábase coa secretaría, subdirección, dirección de departamento (na UPM) ou representante en comisións de universidade institucionais, foi vicerreitora de Metodoloxía e Innovación da UNED (2017-18) ata o cesamento do reitor. A súa actividade docente ten unha orientación teórico-práctica e creou, implantado e coordinado materias de diferentes plans de estudo de licenciatura, enxeñería, grao e máster en informática, tanto para o modelo presencial ( UPM) como a distancia (UNED). Foi coordinadora de plans de posgrao e doutoramento, mantendo constantemente actividades de formación de estudantes coa dirección de tese de máster ou de doutoramento, nas súas áreas de investigación.

 O relatorio pode seguirse aquí.

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es