OURENSE, 27 de marzo de 2021.- UNED Ourense abre matrícula ata o 6 de abril para o curso de Extensión Universitaria: Discriminación do Maior: conceptualización e prevención, que se vai desenvolver os días 9, 16, 23 e 29 de abril e 7 de maio en horario de 16.30 a 20.30 horas. Trátase dun curso virtual que se pode seguir en directo ás mencionadas horas ou en diferido, coas ligazóns á gravación das sesións que os matriculados recibirán. A carga lectiva é de 20 horas (1 crédito ECTS para a UNED) e para optar ao diploma hai que realizar un traballo final do cal informarán os docentes ao comezo do curso. Vai destinado a profesionais sanitarios, titulados en Dereito, Psicoloxía e Traballadores e Educadores Sociais e todos aqueles en xeral interesados en profundar no problema da discriminación do maior. Esta actividade foi recoñecida de interese sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Os prezos da matrícula son os seguintes: 45 € (ordinaria), 35 € (estudantes e colexiados) e 25 € (demandantes de emprego).
O programa do curso é o seguinte:
• A vellez como constructo social • A discriminación por razón de idade: introducción ao ageismo. • Protección xurídica das persoas maiores desde a perspectiva dos dereitos humanos
• Aspectos sociodemográficos • Factores Psicosociais • Estereotipos, prexuizos e discriminación. • A discriminación da muller maior • A discriminación múltiple
• Metodoloxías que levan implícitas a discriminación • Linguaxe e estereotipos • Distribución de recursos • Propostas e solucións prácticas de prevención da discriminación
• Discriminación nos cuidados ao final da vida • Discriminación en Medicina Intensiva • Discriminación en Oncoloxía • Discriminación na investigación biomédica. • Maltrato e violencia
• Resolución de casos prácticos. • Este módulo incluirá tarefas e exercizos para realizar en casa.
Este curso está dirixido por José María Failde Garrido, doutor en Psicoloxía e Profesor Titular da Facultade de Educación (Universidade de Vigo) na Área de Personalidade, Evaluación e Tratamentos Psicolóxicos. Dea coordinación se encarga Miriam Vázquez Campo.
UNED Ourense
Comunicacion