OURENSE, 15 de febreiro de 2021.- A Hixiene Alimentaria comprende todas as medidas necesarias para garantir a inocuidad sanitaria dos alimentos, mantendo á vez o resto de calidades que lles son propias, con especial atención ao contido nutricional. A formación dos manipuladores de alimentos en materia de hixiene alimentaria, ademais de ser unha esixencia legal, é a principal ferramenta para a prevención das enfermidades transmitidas polos alimentos. A manipulación de alimentos influirá na salubridade e conservación dos mesmos xa que entramos en contacto directo ou indirecto con eles e podemos achegarlle substancias, microorganismos ou obxectos que poidan provocar a súa deterioración temperá ou causar dano ao consumidor. A UNED dáche esta oportunidade co curso que organizou e que se celebrará do 22 de febreiro ao 3 de marzo nas instalacións do Centro Asociado en Ourense. Todas as sesións desenvolveranse entre as 10.00 e as 12.30 horas. O relator será Alejandro Alonso Álvarez, licenciado en Biologia, especialidade Biotecnoloxía e técnico en Prevención de Riscos Laborais.
O curso consta de 25 horas lectivas e está en trámite a obtención de 1 crédito ECTS. Todas as sesións poderanse seguir en liña.
Programa
A mañá do luns, 22 de febreiro estará dedicada a coñecer o concepto contaminación e as principais enfermidades de orixe alimentaria. Ao día seguinte daranse a coñecer as intoxicacións alimentarias e a correcta manipulación dos alimentos.
O mércores, 24, a xornada estará centrada nos principais métodos de conservación e almacenamento dos alimentos. Ao día seguinte, xoves 25, os participantes poderán aprender a recoñecer os sistemas de etiquetaje, así como os principais sistemas de trazabilidad.
Os principais métodos de limpeza e desinfección, o coñecemento dos sistemas de xestión de pragas e a xestión de lixos e residuos son temas reservados para o venres, 26 de febreiro.
O luns, 1 de marzo, o programa deterase no coñecemento da elaboración dunha Análise de Perigos e Puntos de Control Crítico ( APPCC) e os seus principios básicos, ademais de adquirir coñecementos básicos de lexislación e Organismos reguladores.
O martes, 2 de marzo os rexistrados realizarán un APPCC con apoio do profesor. Cada alumno deberá entregar o seu APPCC para superar o curso.
O último día, mércores, 3 de marzo, os participantes volverán realizar un APPCC con apoio do profesor. Cada alumno deberá entregar o seu traballo para superar o curso. Ao finalizar a sesión enviarase un test de 28 preguntas a contestar.
A matrícula Ordinaria deste curso custa 35 euros e farase en liña.
Este curso está dirixido por Rosa María Garcinuño Martínez, profesora Titular e directora do Dpto. de Ciencias Analíticas na Facultade de Ciencias da UNED. Coordínao María Concepción Álvarez Gómez, secretaria de UNED de Ourense.
Colaboran a Deputación de Ourense e o Concello do Carballiño e imparte o Centro de Estudos e Aprendizaxe O Carballiño.
UNED Ourense
Comunicación