Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED Senior de Ourense abre a súa matrícula para cursar en liña ata cinco materias no segundo cuadrimestre

20 de enero de 2021

O prazo de inscrición para maiores de 55 anos comeza o 25 de xaneiro e amplíase ata o 12 de febreiro en toda a provincia

OURENSE, 20 de xaneiro de 2021.- Desde o día 25 de xaneiro ata o 12 de febreiro, ambos inclusive, estará aberto o prazo de matrícula para as persoas que queiran participar nas clases do segundo cuadrimestre da UNED  Senior. Estes estudos non regrados están dirixidos a cidadáns maiores de 55 anos. As clases serán na modalidade en liña.

As materias nas que se poden matricular son cinco: 

  • Arte española antiga e medieval, co profesor Anxo Domínguez López
  • Psicoloxía e Arte: A expresión das emocións a través da pintura, con Roberto Estévez Rodríguez 
  • Filosofía Contemporánea, con Miguel Guerra Rodríguez
  • A  Dolce  Vita do cinema italiano, cuxo profesor é Simone  Gerclamo  Saibene
  • Percorrido pola Literatura inglesa, con Ruth Murias Román 
As clases teñen lugar os luns, mércores e xoves, sempre en horario de tarde, a partir das 16.15 horas ata as 20.30 horas. O segundo cuadrimestre comezará o 22 de febreiro e terminará o 7 de xuño. As clases interromperanse entre o 29 de marzo e o 4 de abril, pola Semana Santa. Todas as sesións poderán seguirse desde casa a través de Internet, pois debido á pandemia elimináronse as clases presenciais na UNED Senior.

Para formalizar a matrícula cada interesado ten á súa disposición un formulario que pode descargar da web www.unedourense.es, na sección UNED Senior. O prezo é de 25 euros para os alumnos maiores de 55 anos residentes na provincia de Ourense, e de 50 euros para os que residen fóra da provincia ourensá.

O número mínimo de prazas para que se poida realizar o curso de forma virtual é de 10 persoas. A Deputación Provincial de Ourense sufraga o 50% da matrícula das persoas que residen na provincia. Ao facer a inscrición, cada alumno deberá indicar o concepto Matrícula UNED  Senior xunto co seu nome e apelidos. O xustificante da transferencia bancaria ou ingreso e o formulario de inscrición poderán ser remitidos por correo electrónico a info@ourense.uned.es indicando no asunto Matrícula UNED Senior ou ben entregando en man no Centro Asociado esa documentación. A conta onde ingresar o importe de matrícula é: ES73 2080 5252 9030 40256790. 

Para obter o formulario de inscrición, picar aquí.

  

UNED Ourense

Comunicación

Carretera de Vigo Torres do Pino  s/n Baixo 32001 Ourense - . Tel. 988371444 info@ourense.uned.es